Escudo de Aragón

From Wikipedia, the free encyclopedia

Escudo de Aragón
Remove ads

O escudo de Aragón é o símbolo heráldico que representa a Aragón. Componse de catro cuarteis que, na configuración adoptada, se difundiron con predominio sobre outras ordenacións heráldicas, tendendo a consolidarse dende a Idade Moderna para arraigar decididamente no século XIX e ser aprobado pola Real Academia da Historia en 1921. A súa descrición e uso está regulado pola "Lei sobre o uso da Bandeira e Escudo de Aragón" (Lei 2/1984, de 16 de abril; B.O.A. n.o 5, de 18 de abril de 1984) no artigo 4t.[1]

Datos rápidos Detalles, Armiger ...
Remove ads

Composición

  • No primeiro cuarto, o Escudo de Sobrarbe que conmemora o lendario Reino de Sobrarbe
  • No segundo cuarto, a Cruz de Íñigo Arista que representa ós soberanos da Casa de Aragón da liñaxe de Pamplona.
  • No terceiro cuarto, a Cruz de Alcoraz que representa o escudo territorial do antigo Reino de Aragón
  • No derradeiro cuarto, o Sinal Real de Aragón,[2] que representa ós soberanos da Casa de Aragón da liñaxe dos condes de Barcelona.
Máis información Cuarto, Descrición ...
Remove ads

Orixe histórica

O Escudo de Aragón esta testificado na súa disposición máis coñecida na gran crónica renacentista "Crónica de Aragón" do monxe aragonés Gualberto Fabricio de Vagad, que foi publicada en Zaragoza no ano 1499. O escudo está formado por catro divisións que, na configuración adoptada, vanse espallar e popularizar por riba doutras ordenacións heráldicas, consolidándose na Idade Moderna para ficar decididamente no século XIX.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads