Espadelada
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A espadelada é un proceso do tratamento do liño.

Características
Consiste en limpar o liño con espadelas botando o liño nun espadeleiro e retirando os tomentos das fibras. Este proceso faise despois da deluva e antes do asedado. As arestas desprendidas, máis bastas, serven para facer saias ordinarias e queda a fibra de calidade. O proceso segue co tascado, que é unha segunda espadela. Queda unha estopa basta que serve para facer cordas ou fíos de sacos.
Este labor facíano as mulleres en grupo, as espadeladeiras, a finais de ano. Xuntábanse ao luscofusco e continuaban ao longo da noite. Era común traballar a xeito de veceira (acudindo os veciños en axuda da familia que realizaba o labor). Nestas reunións xurdían os cantos de espadelas e era habitual que, rematados os labores, tivese lugar unha festa con canto e baile. Estas celebracións eran habituais por toda Galiza e levan diferentes nomes en función do traballo realizado: espadelada, esfollada, tasca, fiada, etc; ou da zona xeográfica: serán, foliada, polavila, ruada etc.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Tarefas do Liño - Fernando Fresco (Youtube).
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads