Espiña escapular
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A espiña escapular é unha formación ósea situada na superficie posterior da omoplata ou escápula. Ten un traxecto oblicuo, ascendente cara a fóra. Separa a fosa supraespiñal da fosa infraespiñal. En orixe é unha pequena superficie ósea triangular que presta inserción ao músculo trapecio. Vai ascendendo e facéndose maior, ata formar o acromio.
Remove ads
Estrutura
Superficies
A escápula ten dúas superficies:
- A superior ten forma cóncava e permite a inserción do músculo supraespiñal.
- A inferior forma parte da fosa infraespiñal e permite a inserción do músculo infraespiñal. Adoita posuír un burato polo que unha arteria nutre ao óso.
Bordos
- O bordo anterior continúase co resto da escápula
- O bordo posterior é libre e presenta dous labios e un suco. O labio superior serve para a inserción do músculo trapecio e pode posuír un pequeno tubérculo. O labio inferior permite a inserción do músculo deltoide. O suco é subcutáneo e non ten apenas relevancia funcional.
- O bordo lateral é o máis pequeno dos tres e se continúa a través do acromio. Forma parte dos límites do burato supraescapular.
Remove ads
Véxase tamén
Bibliografía
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads