Espiral Maior
editorial galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Espiral Maior é unha editorial galega fundada no ano 1991 e dirixida dende entón polo poeta Miguel Anxo Fernán-Vello.
Traxectoria
Aínda que abrangue tamén xéneros como a narrativa ou o teatro, a súa actividade principal é a edición de poesía, xénero do que leva editados máis de douscentos títulos. Dende a súa fundación, a editorial publica boa parte dos premios de poesía de concellos e asociacións galegas, contando tamén co seu propio certame, o Premio Espiral Maior de Poesía, convocado dende 1992 e aberto dende o ano 2006 a obras en idioma portugués. A colección principal de poesía caracterizouse por sufragar parte dos seus custos a través da subscrición. Os nomes dos subscritores figuran na última páxina de cada volume e reciben un exemplar numerado e autografado polo autor. Ademais da colección principal de poesía, a editorial tivo a colección "A Illa Verde", de prezos populares (hoxe extinta), e a colección "Opera Omnia", edicións moi coidadas dedicadas a acoller as obras completas de autores canónicos.
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads