Probóscide

From Wikipedia, the free encyclopedia

Probóscide
Remove ads

A probóscide[1] é un apéndice alongado e tubular situado na cabeza dun animal.

Thumb
A trompa dos elefantes é unha probóscide.

Usos

O seu uso máis común é para comer e absorber, como é o caso de certos invertebrados como as bolboretas (nas que se chama espiritrompa), as frigáneas (haustelo), nalgúns vermes, etc.

Nos mamíferos

Thumb
Probóscide dun molusco do xénero mitra.

A trompa dos elefantes (os proboscídeos), os tapires e os dalgúns simios, como o Nasalis larvatus (mono narigudo), tamén é chamada ás veces probóscide.

Nos invertebrados

Probóscide é un termo que adoita empregarse para referirse maioritariamente ao prolongamento do aparato bucal dalgúns invertebrados (especialmente nos artrópodos) en contraposición á palabra trompa, usada como sinónimo de probóscide nos vertebrados.

Remove ads

Etimoloxía

Probóscide

O termo probóscide procede da palabra latina proboscis, que é unha latinización da palabra do grego antigo προβοσκίς proboskis "trompa" (e tamén "tentáculo" dos cefalópodos),[2] a cal é o resultado de combinar o prefixo προ- pro- (derivado de πρό pró, "antes, diante"),[3] e o verbo βόσκω bóskō, "alimentar, nutrir".[4][5]

Thumb
Ornithoptera priamus, coa súa longa probóscide.

O acusativo latino é proboscidem, sendo este a orixe da palabra en galego.[6]

Espiritrompa

O termo espiritrompa provén do francés spiritrompe e, a súa vez, do latín spira, -ae ('espiral') e o francés trompe (que significa 'trompa').[7] Este termo é utilizado en zooloxía para describir o aparato bucal consistente nun longo tubo que o animal usa para chupar o néctar das flores e que logo recolle arrolándoo en espiral​​. En canto á súa historia nomenclatural, os lepidópteros foron clasificados por Fabricius no s. XVIII como insectos con pezas bucais succionadoras, denominándoos "Glossata". Outros científicos, como Clairville e MacLeay, crearon o taxon "Haustellata" para clasificar aos lepidópteros con estas características. O termo "haustellum" refírese a calquera estrutura usada para absorber alimentos líquidos. No século XX, Ross et al. (1982) clasificaron o sifón de lepidópteros como "sifón tipo" de pezas bucais. Chaudonneret (1986) tamén discutiu a estrutura da probóscide dos lepidópteros, denominándoa "spiritrompe des palillons", englobando pezas bucais haustoriadas e sifonadas baixo unha denominación máis ampla.[8]

O termo é usado como título e figura estilística nun conto de Manuel Rivas, levado ao cine como A lingua das bolboretas por José Luis Cuerda.[9]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads