Estadi Municipal de Montilivi
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Estadi Municipal de Montilivi é un estadio de fútbol da cidade de Xirona, en Cataluña, España. É un recinto deportivo que alberga os partidos do Girona Futbol Club, equipo que milita actualmente na Primeira División. Está situado no barrio de Montilivi.
O estadio, inaugurado o 14 de agosto de 1970, ten capacidade para 9.282 espectadores, todos eles sentados. A marca histórica de asistencia foi de 25.000 espectadores a principios dos 70 nun partido contra o FC Barcelona.
En xuño de 2010 e tras máis de 7 meses de atraso respecto ao prazo previsto, a bancada lateral do Estadi de Montilivi, estaba finalizada. Aínda que ao non estar acabados os accesos á mesma, non se puido estrear na tempada 2009/10. Xunto ao estadio existe un campo auxiliar cunhas dimensións menores (90 x 45 m) tamén de céspede natural.
Vista panorámica do estadio.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads