Estado de México
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O estado de México, é un dos 32 estados do México, localizado no centro do país. Fai fronteira polo norte cos estados de Hidalgo e Querétaro, polo sur cos estados de Morelos e Guerrero, polo oeste co estado de Michoacán, e polo leste cos estados de Tlaxcala e Puebla, e tamén rodea á Cidade de México. A súa área é de 22.499,95 km² e a súa poboación é de 16 187 608 habitantes (2015). A capital do estado é a cidade de Toluca de Lerdo. A súa principal fonte de renda é a industria (o estado posúe unha das maiores zonas industriais do país) tamén conta co turismo e agricultura.
Remove ads
Topónimo
Etimoloxicamente tense varias definicións do nome de México, o estado adoptou o nome do país e da capital mexicana. Identifícase co nome na lingua náhuatl de Mexihco (cfr. náhuatl Mexihtli (deus Mexihtli (Huitzilopochtli) e o sufixo de lugar -co). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "lugar do deus Mexihtli". Outra versión máis común identifícase como "lugar no embigo da lúa".
Historia
O estado de México foundouse o 2 de marzo de 1824, ao consumarse a independencia do país; o mesmo día creouse o congreso estatal.
División política
O estado está dividido en 16 rexións administrativas e 125 concellos.
Demografía
O estado de México ten unha poboación de 16.992.418 habitantes, é a entidade federal máis poboada do país.
Relixón

De acordo co censo de 2020, a maioría dos habitantes do estado son católicos, cun total de 11.988.016 persoas que profesan o catolicismo ese ano, o que representa o 92,9% da poboación, ten dous bispados. Aínda que para os efectos o censo, este expresa que relixión practican, moitos adoitan dicir que son crentes, o que significa que se consideran seguidores do catolicismo, aínda que non determinan se son practicantes habituais. Tamén hai seguidores do cristianismo evanxélico, do cristianismo pentecostal e de grupos como as Testemuñas de Xehová e os mormóns ou a Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días.
O Estado de México concentra a maior poboación poboación xudía do país, a maioría son azkenazis, a segonda comunidade é a sefardi.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads