Estreito de Dinamarca

From Wikipedia, the free encyclopedia

Estreito de Dinamarcamap
Remove ads

O estreito de Dinamarca (en dinamarqués: Danmarksstrædet, en islandés: Grænlandssund, cuxo significado literal é estreito de Groenlandia) é un estreito mariño que conecta o mar de Groenlandia co océano Atlántico, e que está localizado entre a costa suroriental de Groenlandia, ao noroeste, e a illa de Islandia, ao sueste. A norueguesa illa de Jan Mayen está localizada ao nordés do estreito.

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...

Este paso ten 480 km de longo e 290 km de ancho (de leste a oeste). A corrente mariña de Groenlandia oriental pasa a través do estreito transportando incebergs polo sur até o océano Atlántico.

Durante a segunda guerra mundial tivo lugar unha batalla neste lugar, a batalla do Estreito de Dinamarca, o 24 de maio de 1941.

Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads