Esturión
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O esturión,[1][2] Acipenser sturio Linnaeus, 1758, tamén coñecido como sollo,[3][4] ou sollo rei,[3][5][6][7] é unha especie de peixe condrósteo da orde dos acipenseriformes e familia dos acipenséridos, quizais a especie máis representativa do xénero Acipenser, é dicir, o esturión propiamente dito.[8]
Trátase dun peixe de gran tamaño: describíronse exemplares de até 5 e 6 m de lonxitude, con pesos de até 1 000 kg, e que podían alcanzar os 100 anos de idade.[9] Porén, hoxe en día os individuos de máis de 2 a 3 m raramente son capturados.[9]
Pasa a maior parte da súa vida no mar, habitualmente en augas costeiras pouco profundas, onde se alimenta de peixes e outros animais bentónicos, como crustáceos, moluscos e vermes, que desenterra co seu fociño.[9]
Remove ads
Descrición
O esturión caracterízase por:[5][6][9]

- Un corpo moi alongado, de sección pentagonal e cunha aleta caudal heterocerca.
- A cabeza está protexida por ósos dérmicos. O tronco non presenta escamas, pero está cuberto de pequenos dentículos e por cinco filas lonxitudinais de placas óseas (de 10 a 15 placas dorsais, de 29 a 38 placas laterais e de 10 a 12 placas ventrais). A boca é pequena e sen dentes (nos adultos), pero pode ser proxectada cara a diante e estenderse a xeito de trompa, e baixo ela hai 4 barbelas dispostas nunha fila horizontal, perpendicular ao eixe do corpo.
- As aletas están sustentadas por raios cartilaxinosos, e os primeiros raios das pectorais están fusionados para formaren unha forte espiña. As aletas dorsal, anal e pelvianas son pequenas e están situadas moi atrás, cerca do pedúnculo caudal.
- A coloración do dorso é apardazada escura ou gris verdosa, prateada ou rosada nos flancos e abrancazada na rexión ventral.
Remove ads
Distribución
Antano a área de distribución do esturión estendíase polos mares costeiros e os ríos de toda Europa, desde Islandia e Escandinavia até o mar Negro, sendo a finais do século XIX unha especie moi común e de grande importancia económica en toda a Europa occidental. Pero actualmente, debido á sobrepesca, á contaminación dos ríos, á regulación (e redución) dos seus caudais pola construción de presas e a extracción de áridos nas zonas de desova, este peixe é moi raro e protexido, onde o último lugar de desova é o esteiro da Xironda.[9]
En Galicia foi antigamente moi abundante, especialmente no río Miño, até o punto de que se chegou a usar a súa carne como fertilizante para os cultivos, e as súas ovas, que hoxe constitúen o apreciado caviar, como comida para os porcos.[5] Hoxe é unha especie extinguida. En Portugal era así mesmo moi abundante e famoso (chegou a ser retratado nas moedas cuñadas en Mértola no século I a. C.); o Guadiana foi o último río onde viviu o sollo rei, sendo os derradeiros exemplares capturados a finais dos anos da década de 1970.
As únicas poboacións relativamente abundantes de esturión en estado salvaxe están restrinxidas ás concas dos ríos Garona e Dordoña e ao estuario da Xironda,[10] estimándose que en toda Francia non hai máis que uns poucos miles de individuos.
Remove ads
Hábitat e ecoloxía
Especie anádroma, pasa a maior parte da súa vida no mar (de 7 a 14 anos), pero reprodúcese nas augas doces dos ríos, onde pasa as primeiras etapas do seu desenvolvemento (durante 1 ou 2 anos).[5][6]
O esturión vive no fondo, a unhas profundidades de 5 a 60 m. Aliméntase principalmente de pequenos peixes e invertebrados bentónicos, como crustáceos, moluscos e vermes, que desenterran co fociño, así como tamén de larvas de mosquitos.[11] Os individuos máis vellos tamén comen peixes como pequenas anguías e gobios (especies do xénero Gobio da familia dos ciprínidos).[9]
Reprodución
Os machos alcanzan a madurez sexual á idade de 7 a 9 anos, cando miden entre 110 e 150 cm e pesan de 7 a 20 kg. As femias, entre os 8 e os 14 anos, cando alcanzan de 120 a 180 cm e un peso de 10 a 30 kg.[9]
Na primavera, entre abril e xuño, remontan os ríos onde desovan. Algúns esturións migran río arriba centos de quilómetros, mentas que outros permanecen cerca do mar. Desovan a profundidades de 2 a 10 m, sobre fondos rochosos onde a corrente é forte. As femias producen de 800 000 a 2 400 000 ovos pegañentos, de cor gris escura e de 2 a 3 mm de diámetro, que se adhiren ás pedras. Despois da reprodución, os individuos adultos, que non se alimentan durante esta época, regresan ao mar.[9]
Os ovos eclosionan despois de 3 a 14 días, segundo a temperatura da auga, xurdindo larvas de 9 a 11 mm de lonxitude. Tras un período de 1 a 3 anos, os xuvenís migran cara ao mar, onde permanecerán de 7 a 17 anos.[9]
Remove ads
Sinonimia
Da especie Acipenser sturio Linnaeus, 1758 recoñécense os seguintes sinónimos:[12]
|
|
|
Remove ads
Estado e ameazas
Estado
O estado de conservación da especie foi declarado como moi crítico, pola IUCN.[10]
Ameazas
- Sobre a especie: a principal ameaza son as capturas accidentais da especie.
- Sobre o hábitat: as principais causas do declive das poboacións da especie foron a regulación dos leitos dos ríos, a diminución dos caudais, a construción de presas, a contaminación e a extracción de áridos nas zonas de desova.
Por exemplo, a construción da presa de Alcalá del Río augas arriba de Sevilla en 1930 impediu o paso dos esturións a gran parte das súas zonas habituais de desova.
Remove ads
Protección
Lexislacións
- Directivas Europeas
Figura nos Anexos II e IV da Directiva de Hábitats (43/92 C.E.E) do 21 de maio de 1992.
- Lexislación española
Figura como de "especial interese" no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas. Real Decreto 439/1990.
- Lexislación autonómica española
Catalogada como "D" no Anexo II das especies protexidas de fauna salvaxe autóctona, lei 3/88 de protección de animais de Cataluña.
Convenios internacionais
- Convenio de Berna
Figura no Anexo II do Convenio de Berna 82/72.
- CITES
Figura no Regulamento CITES (3626/82/CE) e a súa ampliación, Regulamento (3646/83/CE), como especie "I".
Libros vermellos
Citada como "en perigo" no Libro Vermello dos Vertebrados Españois.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads