Eugene, Oregón
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Eugene, tamén coñecida como Eugene City,[1] é a segunda cidade máis grande do estado de Oregón, e é a capital do condado de Lane.
No centro da cidade encóntrase a Universidade de Oregón.
Remove ads
Xeografía

A cidade está situada ao sur do val Willamette, e a 86 km ao leste da costa de Oregón.
Poboación
En 2010 Eugene tiña unha poboación de 156 185 habitantes.
O concello ocupa unha superficie de 113,29 km², dos que 113,23 corresponden a terra firme e 0,5 ás augas.
A poboación ditribúese nos seguintes grupos étnicos:[2]
- Brancos, 86,0 %
- Hispanos, 5,0 %
- Aisáticos, 3,5 %
- Negros, 1,2 %
- Indíxenas, 0,8 %
- Outros, 3,1 %
Remove ads
Historia
O nome da cidade vén do seu fundador, Eugene Franklin Skinner, que construíu a primeira cabana na zona. O edificio era utilizado como un mercado fronteirizo e unha oficina de correos, despois de que Skinner obtivera a autorización o 8 de xaneiro de 1850. Durante eses anos o asentamento chamámabase Skinner's Mudhole (O Foxo de Lama de Skinner).[3]
Doce anos despois, en 1862, Skinner estableceu a vila de Eugene e dirixía un transbordador no río Willamette, onde hoxe se encontra a ponte da rúa Ferry.
En Eugene vaise celebrar o décimo oitavo Campionato Mundial de Atletismo en 2021, cuxas competicións terán lugar no estadio Hayward Field.
Remove ads
Cidades irmandadas
As cidades irmandadas con Eugene son:[4]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads