Evelio Boal

From Wikipedia, the free encyclopedia

Evelio Boal
Remove ads

Evelio Boal López, nado en Valladolid o 11 de maio de 1884 e finado en Barcelona o 18 de xullo de 1921, foi un dirixente anarcosindicalista.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Era traballador de artes gráficas en Barcelona. Foi un dos organizadores do Congreso de Sants da CNT, e formou parte da comisión que redactou a memoria. En agosto de 1918 foi elixido membro do Comité Confederal do sindicato. En febreiro de 1919 substituíu provisionalmente a Manuel Buenacasa Tomeo na secretaría do Comité da CNT. Foi confirmado no cargo no congreso da CNT do Teatro da Comedia de Madrid en decembro de 1919, onde foi un dos 24 asinantes do ditame sobre a definición ideolóxica da CNT, que declaraba que a finalidade perseguida era o comunismo libertario. En 1919 foi delegado para entrevistarse con organizacións sindicais en Portugal. En agosto de 1920, xunto con Salvador Seguí e Salvador Quemades, foi a Madrid par reorganizar a alianza CNT - UXT.

Foi secretario do Comité da CNT ata marzo de 1921, cando foi detido e feito preso na Modelo de Barcelona. Logo de deixalo libre a mañá do 17 de xuño do mesmo ano (algunhas fontes citan o día 15), foi asasinado na porta da prisión xunto a Antoni Feliu, tesoureiro da CNT.


Predecesor:
Manuel Buenacasa Tomeo
Secretario Xeral da CNT
febreiro 1919 - marzo 1921
Sucesor:
Andreu Nin
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads