Excalibur
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Excalibur é o nome máis aceptado da espada lendaria do rei Artur, á que se atribuíron diferentes propiedades extraordinarias ao longo das numerosas versións do mito e as historias subseguintes. Orixinalmente recibiu outros nomes: Caliburn[1], nos escritos de Geoffrey de Monmouth; e Caledfwlch[2], en antigas narracións galesas como Culhwch ac Olwen;[3] esta última é unha palabra que deriva do gaélico antigo "caladbolg"[4], que significaría "espada escintilante".
A partir das narracións de ficción baseadas no mítico personaxe do rei Artur, a espada Excalibur ten diversas historias asociadas.
Remove ads
A obtención de Excalibur
Existen diversas historias sobre como Artur se fixo posuidor da mítica espada. Geoffrey de Monmouth só di que a mesma foi forxada en Avalon, sen dar máis detalles.
No Ciclo da Vulgata cóntase que Artur recibe a espada dunha ninfa chamada a Dona do Lago. Porén hai outra historia (máis difundida, mais que segundo os primeiros escritos non era a orixinal) na cal se conta que Artur obtivo Excalibur ao extraela dunha pedra, e que a espada foi forxada por Merlín. En resumo, Excalibur é a espada máis poderosa que nunca existiu, pois dáballe o poder a quen a posuíra de non ser ferido nunca.
Remove ads
A desaparición de Excalibur
O relato máis aceptado é aquel que narra que Arturo, moribundo, ordénalle a un dos seus cabaleiros que tire a súa espada a un estanque encantado. Este cabaleiro, que primeiro desobedece e despois acepta a orde de moi mala gana, é chamado Girflet, Bedivere, Lanzarote ou Perceval, segundo o relato.
Cando o cabaleiro lanza a espada ao estanque, unha man xorde da superficie da auga, colle a espada e despois desaparece nas profundidades.
Remove ads
Na cultura popular
De sempre tivo unha gran presenza nas diversas manifestacións da cultura popular.
Videoxogos
- Saga The Legend of Zelda (coñecida Espada da Deusa en Skyward Sword e despois como Espada Mestra tras se fundir coas 3 chamas sagradas no mesmo xogo).
- Saga Final Fantasy
- Saga Soulcalibur
- Reigns
- Saga Fire Emblem
- Borderlands
- King Quest
- Quest for Camelot
- Castlevania
- Sonic and the Black Knight
- Warframe, como personaxe xogable
- Assassin's Creed: Valhalla
- Tomb Raider: Legend
- Saga Fate
- Terraria
- Golden Sun II: La Edad Perdida
- Smite
- Tales of Phantasia
- Dying Light (como EXPcalibur)
- Sunset Overdrive
- Tibia (como Excalibug)
- Hades (Excalibur preséntase como un aspecto oculto que adopta a espada Estixiana)
- The Quest for Excalibur: Puy du Fou (a trama principal do xogo está arredor da lenda do rei Arturo e maila súa espada)
- Ace Combat Zero: The Belkan War (o nome dunha súper-arma provén da mítica espada).
Cine
- 1963 The Sword in the Stone, película de animación de Walt Disney Pictures (en España, foi titulada Merlín el Encantador).
- 1977 Monty Pyhton and the Holy Grail
- 1981 Excalibur dirigida por John Boorman; a espada dá nome a película sobre o Rei Artur e as súas aventuras.
- 1995 First Knight con Richard Gere como Lancelot e Sean Connery como o Rei Artur.
- 1998 Merlín dirixida por Steve Barron; facendo alusión en gran parte ao ciclo da Vulgata.
- 1998 Quest for Camelot
- 2004 King Arthur.
- 2007 The Last Legion, na cal se conta que a espada pertencía a Xulio César e foi atopada polo seu descendente Rómulo Augústulo, quen mudou o seu nome a Pendragon.
- 2017 Rei Artur: A lenda de Excálibur, filme dirixido por Guy Ritchie.
- 2019 Hellboy, filme dirixido por Neil Marshall.
- 2019 The Kid Who Would Be King, película dirixida por Joe Cornish.
Series televisivas
- 1993 The Simpsons, no episodio 4 da tempada 5.
- 2008 Merlin, serie da BBC.
- 2014 The Librarians, serie emitida pola TNT, que deu lugar a varias películas.
- 2015 Once Upon a time. Aparece, a espada, na 5ª temporada
- 2020 Wizards: Tales of Arcadia, serie de animación de Dreamworks Animation LLC, creada por Guillermo del Toro.
- 2021 Eternals, serie creada en 2014 por Marvel Comics, que tamén deu lugar a películas. A espada Excalibur acabou en mans do personaxe Makkari.
- 2022 Puss in Boots: The Last Wish., serie de animación de Dreamworks Animation LLC, na que a espada formaba parte da colección de artigos máxicos de "Big" Jack Horner.
Banda Deseñada
- 1980 Na serie limitada Camelot 3000 publicada por DC Comics, Excalibur é a arma principal do reencarnado Rei Artur .
- 1988 Na serie Saint Seiya (en galego, Cabaleiros do Zodíaco), a espada foille entregada a Shura de Capricornio pola deusa Athena como recompensa por ser o seu cabaleiro máis leal, e este a empregou para atacar os seus opoñentes.
- 1999 Digimon Adventure, aparece como a Espada de Magnaangemon.
- 2004 Fate/stay night, novela visual xaponesa adaptada a diversos medios, na que o personaxe Saber, leva a espada.
Remove ads
Galería de imaxes
- Estatua de Excalibur no Kingston Maurward.
- Bedivere lanzando a mítica espada á auga. Ilustración de 1894.
- A espada Excalibur.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads