Expocoruña
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Recinto Feiral Expocoruña é a institución feiral da Coruña, que organiza salóns relacionados cos diferentes sectores económicos. Está situado en Someso.[1]
Legalmente estrutúrase como a Fundación Instituto Ferial de A Coruña (IFECO) con carácter de entidade pública, conformada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Confederación de Empresarios da Coruña e Abanca.[2][3][4][5]
Remove ads
Historia
O proxecto do recinto feiral comezou o ano 2003. Porén, sufriu atrasos e aumentos de custos que elevaron o orzamento ata 37 millóns de euros, un 75% máis do presupostado.[6] O edificio, deseñado por Luis Collarte,[7] inaugurouse o 19 de febreiro de 2008.[8]
Recinto

Conta con 19 000 m2 cubertos e 8000 ao aire libre. Dispón tamén de salas multiúsos, aulas e despachos, ademais de aparcadoiro.[9]
Feiras e outras actividades
Algúns dos eventos organizados en Expocoruña son Expotaku,[10] a Feira de Autónomos de Galicia[11] ou o Salón do Vehículo de Ocasión.[12]
Nas instalacións realízanse tamén espectáculos musicais como o Sónar 2010,[13] presentacións, congresos e mitins políticos.[14][15] Entre o 16 de outubro e o 13 de novembro de 2012 tivo lugar no recinto o xuízo pola catástrofe do Prestige.[16][17]
En abril de 2020 habilitouse no recinto un hospital de campaña para empregar durante a pandemia por coronavirus.[18]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads