Extorsión
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A extorsión é un delito que consiste en obrigar a unha persoa, a través da utilización de violencia ou intimidación, a realizar ou omitir un acto xurídico ou negocio xurídico con ánimo de lucro e coa intención de producir un prexuízo de carácter patrimonial ou ben do suxeito pasivo.[1][2]

Natureza xurídica
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
É unha figura que se atopa entre os delitos de apropiación, xa que hai ánimo de lucro; os delitos de estafa, porque require unha actuación por parte do suxeito pasivo consistente na realización ou omisión dun acto ou negocio xurídico; e o delito de ameazas condicionais, porque o suxeito activo coacciona o pasivo para a realización do negocio xurídico.
Este delito ten unha localización independente, polo cal, aínda que garde relación, é unha figura distinta coas súas propias características. Ademais, é un delito pluriofensivo, xa que non se ataca só a un ben xurídico, senón a máis dun: propiedade, integridade física e liberdade. En canto ó momento da consumación, non se pode esperar a que teña efectos, porque no ámbito civil ese acto nunca os tería. Pódese dar tentativa cando ese acto de violencia non alcanza o seu obxectivo, sendo unha tentativa inacabada.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads