Mononucleótido de flavina

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Mononucleótido de flavina
Remove ads

O mononucleótido de flavina ou flavín mononucleótido ou riboflavina-5′-fosfato, abreviado como FMN (forma oxidada) e FMNH2 (forma reducida), é un coencima derivado da vitamina B2.

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Thumb
A forma reducida FNMH2.

A molécula consta dos seguintes compoñentes:

O FMN funciona como grupo prostético de varias oxidorredutases, como a NADH deshidroxenase da cadea de transporte electrónico, e como cofactor noutras deshidroxenases e en certos fotorreceptores biolóxicos da luz azul[2] (interveñen no fototropismo das plantas e na bioloxía de microorganismos).

Durante o seu ciclo catalítico prodúcese unha conversión entre a súa forma oxidada (FMN), a forma semiquinona (FMNH) e a forma reducida (FMNH2), que ocorre en diversas oxidorredutases. O FMN é un oxidante máis forte ca o NAD+ e é especialmente útil porque pode tomar parte tanto en transferencias dun electrón coma de dous. Os nitróxenos dos aneis da isoaloxazina da molécula son os que recollen os hidróxenos, como se ve na imaxe. Thumb

Outro coencima flavínico da célula é o dinucleótido de flavina e adenina (FAD).

O FMN é a forma principal na cal se atopa na célula a riboflavina. Require máis enerxía para producirse, pero é máis soluble ca a riboflavina. Un encima chamado riboflavina quinase fosforila a riboflavina e orixina a riboflavina-5'-fosfato ou FMN.

Remove ads

Colorante alimentario

O FMN ou riboflavina-5'-fosfato utilízase como colorante alimentario co número E101a,[3] e ten cor amarela-laranxa. Pódese extraer do fígado, os ovos, o leite ou a partir de lévedos. Empregase na elaboración industrial de bebidas enerxéticas e refrescantes, cereais para o almorzo, galletas, xelatinas, flans, produtos lácteos, fariñas, sopas, encurtidos, maionesas, pasteis, xeados e produtos multivitaminas. Coñécese tamén como fosfato de lactoflavina.[4].

Outro colorante alimentario moi relacionado, o E106, é o sal sódico da riboflavina-5′-fosfato, que consiste basicamente nun sal monosódico do éster 5′-monofosfato de riboflavina. Este composto convértese rapidamente en riboflavina libre despois da súa inxestión. Atópase en moitos alimentos para bebés e rapaces pequenos como marmeladas, lácteos, e doces.

Remove ads

Imaxes dos compoñentes do FMN

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads