Fanhui Shi Weixing

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Fanhui shi weixing (en chinés simplificado: 返回式卫星; en pinyin: Fānhuí shì wèixīng; en galego: satélite recuperable), abreviadamente FSW, é o nome dunha serie de satélites chineses recuperables de recoñecemento tanto civil como militar. Foron lanzados un total de 23 entre 1974 e 2005, cun único fallo. Os FSW agrúpanse en diferentes variantes, con cada unha delas con características distintas á anterior.[1]

Remove ads

FSW-0

O programa que deu lugar á variante orixinal comezou en 1966, co seu primeiro lanzamento en 1974, que fallou por un problema co cableado. Posteriormente lanzáronse nove, entre 1975 e 1987, sen problemas. Tiñan forma de cono romo, unha masa duns 1800 kg e levaban cámaras coas que facer fotografías en película que logo era recuperada cando os satélites volvían a terra. Estaban formados por dúas seccións: o módulo de reentrada, de 1,5 m de longo, e o módulo de equipamento e retropropulsión, de 1,6 m. O seu diámetro máximo era de 2,2 m. Alimentábanse mediante baterías e non tiñan capacidade de manobra en órbita. Lanzábanse sen cofia, os catro primeiros mediante foguetes CZ-2A e os seis restantes mediante CZ-2C.[1][2]

Remove ads

FSW-1

Os FSW-1 foron a continuación dos FSW-0. Ademais das cámaras de recoñecemento é posible que levasen experimentos de microgravedade a bordo. Tiñan unha maior masa (ata 2100 kg) pero a mesma forma cónica cunha altura total de 3,14 m (a dividir entre as seccións de reentrada e de equipamento) e 2,2 m de diámetro máximo. Tamén se alimentaban con baterías e se lanzaban sen cofia. Tiñan unha maior resolución: de entre 10 e 15 m para as cámaras de película (que só podían revelarse unha vez recuperadas) e de 50 m para as cámaras CCD, que ofrecían imaxes case en tempo real. Lanzáronse cinco cápsulas deste modelo, todas mediante foguetes CZ-2C entre 1987 e 1993, a última das cales non puido recuperarse por un problema co sistema de control de actitude. A duración típica de cada misión era de entre 7 e 10 días.[1][3]

Remove ads

FSW-2

Da versión FSW-2 lanzáronse tres satélites entre 1992 e 1996, os tres mediante foguetes CZ-2D. Tiñan unha maior lonxitude e masa que os anteriores, 4,6 m e 3000 kg, pero o mesmo diámetro máximo, 2,2 m. Seguían tendo a mesma estrutura en dous módulos e seguían usando baterías como fonte de alimentación. As melloras en resolución e fiabilidade permitiron que cada satélite devolvera ata 13 veces máis volume de información que as versións anteriores. Os FSW 2 si tiñan certa capacidade de manobra en órbita, na que podían permanecer ata 18 días.[1][4]

FSW-3

Lanzáronse tres FSW-3 entre 2003 e 2005, todos mediante foguetes CZ-2D. Podían permanecer ata 24 días en órbita.[1][5]

FSW-4

A última versión constou de dous satélites, lanzados en 2004 e 2005 mediante CZ-2C. A diferenza de tódolos anteriores, lanzáronse dentro de cofias. Podían permanecer 27 días en órbita.[1][6]

Misións FSW

Misión[2][3][4][5][6] Data de lanzamento[2][3][4][5][6] Data de regreso[2][3][4][5][6] Notas[2][3][4][5][6]
FSW-0 1 5 de novembro de 1974 N/A Fallo durante o lanzamento
FSW-0 1 26 de novembro de 1975 29 de novembro de 1975
FSW-0 2 7 de decembro de 1976 9 de decembro de 1976 Prototipo
FSW-0 3 26 de xaneiro de 1978 30 de xaneiro de 1978
FSW-0 4 9 de setembro de 1982 14 de setembro de 1982
FSW-0 5 19 de agosto de 1983 24 de agosto de 1983
FSW-0 6 12 de setembro de 1984 17 de setembro de 1984
FSW-0 7 21 de outubro de 1985 26 de outubro de 1985
FSW-0 8 6 de outubro de 1986 11 de outubro de 1986
FSW-0 9 5 de agosto de 1987 10 de agosto de 1987
FSW-1 1 9 de setembro de 1987 17 de setembro de 1987
FSW-1 2 5 de agosto de 1988 13 de agosto de 1988
FSW-1 3 5 de outubro de 1990 23 de outubro de 1990
FSW-2 1 9 de agosto de 1992 25 de agosto de 1992
FSW-1 4 6 de outubro de 1992 13 de outubro de 1992
FSW-1 5 8 de outubro de 1993 12 de marzo de 1996 A cápsula non puido recuperarse no momento previsto por un fallo no sistema de retropropulsión, que elevou a órbita do satélite.
FSW-2 2 3 de xullo de 1994 18 de xullo de 1994
FSW-2 3 20 de outubro de 1996 4 de novembro de 1996
FSW-3 1 2 de novembro de 2003 18 de decembro de 2003
FSW-4 1 29 de agosto de 2004 24 de setembro de 2004
FSW-3 3 27 de setembro de 2004 15 de outubro de 2004
FSW-4 2 2 de agosto de 2005 29 de agosto de 2005
FSW-3 5 29 de agosto de 2005 17 de outubro de 2005
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads