Fa (música)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Fa en notación latina ou F en notación anglosaxoa, é o nome da cuarta nota musical da escala diatónica de dó maior.

Nome
Antes da adopción do solfexo, utilizábase a notación alfabética segundo a cal as notas designábanse mediante letras. Neste sistema a nota fa corresponde á letra "F". Este nome mantense en varios idiomas.
Posteriormente o nome desta nota foi "fa", que deriva do comezo do cuarto verso do himno relixioso Ut queant laxis, empregado por Guido d'Arezzo para nomear todas as notas musicais.
Altura
En temperamento igual, o fa por riba do dó medio do piano ten unha frecuencia de aproximadamente 349 Hz .
Notación
- En clave de sol sitúase no primeiro espazo do pentagrama.
- Na clave de dó en terceira e cuarta sitúase respectivamente no quinto espazo ou no primeiro espazo adicional do pentagrama.
- Na clave de fa en cuarta colócase no espazo por riba da segunda liña adicional superior.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads