Factoría de Ficción

canle de televisión privada española From Wikipedia, the free encyclopedia

Factoría de Ficción
Remove ads

Factoría de Ficción, antes coñecida como FDF Telecinco, é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV, R e Euskatel. Comezou as súas emisións o 18 de febreiro de 2008 co nome de FDF Telecinco, substituíndo na súa frecuencia á canle Telecinco Estrellas. O sábado 25 de xullo de 2009 cambiou a súa imaxe corporativa e remodelou o anterior nome de FDF Telecinco ao actual.

Datos rápidos Instancia de, Lingua usada ...

O nome provén da extinta canle Factoría de Ficción do cal Gestevisión Telecinco era socio xunto á produtora Globomedia e Grupo Antena 3 e que cesou as súas emisións o 30 de xullo de 2007.[1]

Remove ads

Imaxe corporativa

  • Febreiro de 2008 a xullo de 2009. Nos seus comezos e ata ano e medio despois o logotivo de FDF Telecinco era o que antigamente tiña o canal de pago Factoría de Ficción do que eran socios o grupo Antena 3 e a produtora Globomedia xunto a Gestevisión Telecinco.[2]
  • Xullo de 2009 a febreiro de 2012. Dende o momento en que se produciu o cambio no verán de 2009, a imaxe do canal cambiou radicalmente,[3] incluíndo a cor (empregando unha máis neutra) e o selo de identidade, utilizando só a marca Factoría de Ficción.[4]
  • Febreiro de 2012 a 2016. Tralos cambios sufridos na imaxe corporativa de todas as canles de Mediaset España, o logotipo de Factoría de Ficción está formado por unha esfera de cor verde co antigo "F" maiúsculo e en cursiva.[5] Dende 2016 o logotipo pasou de ser esférico a plano, mantendo a cor e o deseño.
Máis información 2008 - 2009, 2009 - 2012 ...
Remove ads

Audiencias

Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS.[6] Están en letra grosa e verde os meses en que foi líder de audiencia entre as canles temáticas de televisión dixital (TDT).

Máis información Xaneiro, Febreiro ...

* Máximo histórico | ** Mínimo histórico

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads