Facultade de Filoloxía da Coruña
centro da Universidade da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Facultade de Filoloxía da Coruña é un centro educativo da Universidade da Coruña situado no campus da Zapateira.
Remove ads
Historia
Os estudos de Filoloxía na Coruña remóntanse ao ano 1972, cando se comezou a impartir no antigo Colexio Universitario o primeiro ciclo das licenciaturas en Filoloxía Hispánica, Románica e Xermánica. Os estudos comezaron en pavillóns provisionais no Campus de Riazor, no centro urbano, para posteriormente trasladarse ó Campus da Zapateira.
Coa creación da Universidade da Coruña e da Facultade de Humanidades (1989), completáronse os segundos ciclos de Filoloxía Hispánica (1990), nas subseccións de Español e Galego-portugués, e de Filoloxía Inglesa (1993). En 1995, a Facultade trasládase do Campus da Zapateira a un novo edificio no Campus de Elviña. Ese mesmo ano créase a Facultade de Filoloxía por desmembración, xunto coa Facultade de Ciencias da Educación, da antiga Facultade de Humanidades. Finalmente, en 2003 a Facultade de Filoloxía trasládase de novo ó Campus da Zapateira, onde ocupa un edificio situado na parte alta do campus.
A implantación do Espazo Europeo de Educación Superior determinou que as antigas licenciaturas deran paso no curso 2009/2010 ós novos títulos de grao e mestrado.
Remove ads
Titulacións
Está en proceso de adaptación ó EEES nado a raíz do proceso de Bologna. Tras esta reforma universitaria, na Facultade impártense os graos en español (estudos lingüísticos e literarios), en galego e portugués (estudos lingüísticos e literarios), e en inglés (estudos lingüísticos e literarios).
Impártense tamén os mestrados en lingua e usos profesionais, en lingüística e as súas aplicacións, e mais en lingüística galega.
Desde o curso 2011/2012 impártese tamén o Mestrado en Literatura, cultura e diversidade nas especialidades de español, inglés e galego-portugués.
Remove ads
Equipo decanal
A actual decana é Teresa López Fernández[1], elixida nas eleccións celebradas o 21 de xaneiro de 2005 e reelixida o 4 de marzo de 2009. María José Martínez López, anterior decana da Facultade, ocupa actualmente o posto de vicerreitora de Estudantes e Relacións Internacionais da UDC[2]
Departamentos
Os departamentos dos que consta a Facultade son[3] Filoloxía española e latina, Galego-portugués, francés e lingüística, e Filoloxía inglesa.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads