Grao Fahrenheit
unidade de temperatura From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Fahrenheit (°F) é unha escala de temperatura proposta por Gabriel Fahrenheit en 1724.
Na escala Fahrenheit, o punto de fusión da auga é de 32 graos, e o punto de ebulición é de 212 graos. Unha diferenza de 1,8 graos Fahrenheit equivale á de 1 Celsius.
Esta escala está actualmente confinada aos países anglosaxóns, especialmente Estados Unidos. Os demais países anglosaxóns, porén, están adaptándose ao uso da escala Celsius.
Para uso científico, ten unha compañeira, a escala de Rankine, que leva o 0 da escala ao cero absoluto, de forma similar ao que ocorre entre as escalas Kelvin e Celsius.

Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads