Falconsat 3
Satélite artificial de investigación tecnolóxica estadounidense. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Falconsat 3 foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 9 de marzo de 2007 mediante un foguete Atlas V desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]
Remove ads
Características
Falconsat 3 foi un satélite pertencente ó programa Falcon da Forza Aérea dos Estados Unidos de microsatélites para aplicacións e probas tecnolóxicas. A súa misión foi probar un sistema de estabilización do satélite nos tres eixos, ademais de levar tres experimentos adicionais a bordo. A súa masa era de 50 kg e foi inxectado nunha órbita inicial de 570 km de apoxeo e 561 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 35,4 graos e un período de 95,9 minutos.[1][2][3][6]
Os tres experimentos a bordo de Falconsat 3 eran:[5]
- Flat Plasma Spectrometer (FLAPS): analizador electrostático para medir o espectro dos ións.
- Plasma Local Anomalous Noise Environment (PLANE): analizador de potencial retardado capaz de distinguir entre a turbulencia ambiente da inducida polo satélite.
- Micro-Propulsion Attitude Control System (MPACS): un sistema de propulsión en miniatura consistente nun conxunto de propulsores de plasma alimentados por teflón usados para estabilizar o satélite.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads