Farallón

From Wikipedia, the free encyclopedia

Farallón
Remove ads

Un farallón[1] é unha formación rochosa que consiste nunha columna ou columnas de rocha, fortes e con frecuencia verticais, que sobresaen no mar ou preto da costa, que quedaron illadas doutras rochas pola erosión.[2] Noutros idiomas utilízanse en xeomorfoloxía termos con significado similar para describilos, como stack, en inglés, raukar, en sueco, ou kekur, en ruso.

Thumb
Old Man of Hoy, Escocia.
Thumb
Big Flowerpot, Flowerpot Island Ontario, Canadá
Thumb
Un farallón na costa oeste de Suðuroy, illas Feroe
Thumb
Exemplo de farallón en formación, Yesnaby, Mainland Orkney
Remove ads

Formación

Orixínanse por procesos de xeomorfoloxía costeira, que son completamente naturais: o decurso do tempo, o vento e a auga son os únicos factores que interveñen na súa formación.[3] Fórmanse cando unha parte dun promontorio é erosionado pola acción da auga, que é o bater do mar ou da auga que choca contra a rocha. A forza da auga debilita as gretas do promontorio, provocando o seu posterior colapso, formando un farallón ou stack permanente e mesmo unha pequena illa. Os farallóns adoitan ser importantes lugares de nidificación para as aves mariñas, e moitos son populares destinos de escalada.

Os farallóns ou stacks fórmanse habitualmente en zonas con capas horizontais de rochas sedimentarias ou volcánicas, en especial nos acantilados de pedra calcaria. Estes tipos de rocha teñen unha resistencia media á erosión. Unha capa máis resistente pode formar unha tapa de remate. Os acantilados con rochas débiles, tales como as arxilas, tenden a afundirse e erosionarse demasiado rápido como para que cheguen a formar farallóns, mentres que as rochas máis duras, como o granito, poden erosionarse de diferentes maneiras.

O proceso de formación, en xeral, comeza cando o mar ataca pequenas gretas nun promontorio e as abre. As gretas fanse logo gradualmente máis grandes e convértense nunha pequena cova. Cando a cova progresa a través do promontorio, fórmase un arco. Unha maior erosión fai que o arco colapse, deixando un piar de rocha dura en pé, a distancia da costa, o farallón. Finalmente, a erosión causara que o propio farallón acabe por colapsar, deixando un "toco". Este toco que quedou adoita ser unha pequena illa rochosa, que adoita quedar mergullada en marea alta.

Remove ads

Exemplos

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads