Fento do botón
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O fento do botón[1] (Woodwardia radicans) é unha especie rara de fento xigante, cuxa orixe remóntase á era Terciaria, pertence á familia Blechnaceae. A planta pode chegar aos 3 metros de altura.
O seu hábitat son os noiros arxilosos e de solos eutrofos e con escorrentía acentuada. Aparece en zonas sombrías de ambiente moi húmido como son os bosques de ribeira das zonas atlánticas.
O fento atópase distribuído moi fragmentariamente, aparecendo nas Illas Canarias, Madeira e Azores e na faixa atlántica. Así mesmo tamén se distribúe nunhas poucas localidades do norte de África (Alxeria). Na Europa continental atópase en pequenos redutos nalgunhas localidades de Italia, e do norte da Península Ibérica. No mar Mediterráneo está presenta na illa de Córsega (Francia).
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads