Fento dos valos
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O fento dos valos ou fento das pedras (Polypodium vulgare L.) é unha especie de fieito da familia Polypodiaceae.
Remove ads
Descrición
Esta especie ten un rizoma rastreiro bastante groso que se estende sobre as rochas e os troncos das árbores ademais de medrar no chan. As frondes, perennes e duns 30 cm de longo, nacen en pecíolos sarmentosos de semellante lonxitude. As pínnulas (folíolos) son ás veces dentadas e poden tornarse cristadas. Os soros (un soro é un grupo de esporanxios) son redondeados, ás veces con pelos glandulares, dispostos en dúas filas aos lados do nervio central de cada segmento foliar, de cor alaranxada que despois remata en castaño. Madura no verán.
Remove ads
Hábitat
Zonas rochosas e sombrizas, fragas, muros, preferindo os sitios ricos en materia orgánica e acedos.
Distribución
Esta especie é de ampla distribución en América do Norte, Europa, África e Asia.
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fento dos valos |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Fento dos valos |
Bibliografía
- Penas A. et alii (1991). Plantas Silvestres de Castilla y León. Valladolid, Ámbito. [ISBN 84-86770-40-8]
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads