Festón
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un festón (do francés feston, italiano festone, do latín tardío festo, orixinalmente unha grilanda festiva, latín festum, festa) é unha coroa ou grilanda que pendura de dous puntos, e en deseño e arquitectura adoita ser un adorno tallado que representa unha disposición de flores, follaxe ou froita unida e suspendida por cintas.[1]

Orixes e deseño
A súa orixe débese probablemente á representación en pedra das guirlandas de flores naturais, etc., que se colgaban sobre a porta da entrada os días de festa ou que se colgaban arredor dun altar.[1][2]
O deseño foi empregado en gran medida tanto polos antigos gregos como polos romanos e formou a principal decoración de altares, frisos e paneis.[2] Nos extremoso festón ven atado ás veces con lazos retorcidos; cando ademais o extremo do follaxe queda suspendido, denomínase margent.[1]
O motivo utilizouse máis tarde na arquitectura neoclásica e nas artes decorativas, especialmente na cerámica e na obra dos prateiros. As variacións sobre o deseño exacto son abundantes; por exemplo, as cintas poden estar suspendidas dun nó decorado, ou suxeitadas nas bocas duns leóns, ou suspendidas sobre os cornos dos bucráneos.
Remove ads
Galería
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads