Fetty Wap

From Wikipedia, the free encyclopedia

Fetty Wap
Remove ads

Willie Maxwell II, máis coñecido como Fetty Wap, nado en Paterson, Nova Jersey o 7 de xuño de 1991, é un rapeiro estadounidense que debutou con "Trap Queen", que se converteu nun éxito nos Estados Unidos. Posteriormente, publicou "679" e "My Way" que tamén se situaron nas dez primeiras posicións dunha lista popular estadounidense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Comezos

En 2013, Wap comezou a facer música como un rapeiro solista e despois interesouse en cantar porque "quería facer algo diferente". A finais de 2013, inspirado nunha muller escribiu unha canción chamada "Trap Queen", que gravou en marzo de 2014 co produtor Tony Fadd, de RGF Productions.

A comezos de novembro de 2014, firmou un acordo de gravación con 300 Entertainment e RGF Productions. O 15 de decembro lanzou en iTunes unha nova versión de "Trap Queen". Wap integrou un grupo de rap chamado Remy Boyz 1738, no que tamén participaron P-Dice e Montana Monty Buckz, o artista foi alcumado "Fetty", un argot para referirse aos cartos, xa que o seu propósito como rapeiro era facer cartos; posteriormente engadiu "Wap" ao final do pseudónimo para homenaxear a Gucci Mane, quen tamén é coñecido como Guwop.

Remove ads

Discografía

  • Fetty Wap (2015).
  • Zoovier (2016).
  • King Zoo (2017).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads