Acurralado

Filme de 1982 dirixido por Ted Kotcheff From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Acurralado (en inglés: First Blood) é un filme estadounidense de acción dirixido por Ted Kotcheff que se estreou en 1982. Foi coescrito e protagonizado por Sylvester Stallone no papel de John Rambo, un veterano da guerra de Vietnam que debe empregar as súas habilidades de combate e supervivencia para loitar contra a aplicación abusiva da lei nunha vila pequena. Baséase na novela de David Morrell First Blood e é o primeiro título da franquía Rambo. Brian Dennehy e Richard Crenna tamén aparecen en papeis secundarios.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

O filme foi estreado nos Estados Unidos o 22 de outubro de 1982. Malia as críticas diversas, foi un éxito de recadación con máis de $47,2 millóns. Dende a súa estrea, Acurralado foi eloxiado polas personaxes interpretadas por Stallone, Dennehy e Crenna, e recoñeceuse a súa influencia no xénero de acción. Tamén se converteu nun filme de culto. O seu éxito motivou tres secuelas (todas elas coescritas e protagonizadas por Stallone), a serie animada Rambo: The Force of Freedom, banda deseñada, novelas e un remake de Bollywood. Un quinto filme, orixinalmente titulado Rambo: Last Stand, foi cancelado en xaneiro de 2016 cando Stallone dixo que non retomaría a personaxe.[1]

Remove ads

Personaxes

Thumb
John Rambo.
  • Sylvester Stallone como John Rambo
  • Richard Crenna como Coronel Sam Trautman
  • Brian Dennehy como Sheriff Will Teasle
  • Bill McKinney como Dave Kern
  • Jack Starrett como Art Galt
  • Michael Talbott como Balford
  • Chris Mulkey como Ward
  • John McLiam como Orval
  • Alf Humphreys como Lester
  • David Caruso como Mitch
  • David L. Crowley como Shingleton
  • Don MacKay como Preston

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads