Flávio Conceição
futbolista brasileiro From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Flávio da Conceição, nado en Santa Maria da Serra (San Paulo) o 13 de xuño de 1974, é un exfutbolista brasileiro. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección brasileira.
Remove ads
Traxectoria
Conceição comezou a súa carreira deportiva en 1992 no Rio Branco, club no que permaneceu até 1994. Despois uniuse ao Palmeiras, e un ano máis tarde acumulou máis de 100 aparicións no primeiro equipo, chamando a atención do Deportivo da Coruña, que o contratou despois dos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 pagando 6,3 millóns de euros.
Xogando xunto ao seu compatriota Mauro Silva no centro do campo, Conceição converteuse gradualmente nunha peza clave no cadro galego, conseguindo anotar 4 goles en 27 partidos, no ano que conseguiron o campionato de Liga de 2000. Isto provocou o seu traspaso ao Real Madrid CF, que pagou polo xogador 26 millóns de euros, o que o converte no traspaso máis caro da historia do Deportivo.[1]
Remove ads
Palmarés
- Deportivo
- Real Madrid
- Liga de España: 2000–01, 2002–03
- Supercopa de España: 2001
- UEFA Champions League: 2001–02
- Supercopa de Europa: 2002–03
- Copa Intercontinental: 2002–03
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads