Floretina
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A floretina[1][2] é unha dihidrochalcona, un tipo de fenol natural. Pode atoparse nalgunhas plantas, como nas follas da maceira.[3]
Remove ads
Farmacoloxía
A floretina inhibe o transporte activo de glicosa nas células realizado polos cotransportadores de sodio/glicosa SGLT1 e SGLT2, aínda que a súa inhibición é máis feble que a realizada polo seu derivado floricina.[4] Tomada por vía oral a floricina é case enteirmente convertida en floretina polos encimas hidrolíticos do intestino delgado.[5][6] Un importante efecto disto é a inhibition da absorción de glicosa no intestino delgado[6] e a inhibición da reabsorción renal de glicosa.[5] A floretina tamén inhibe varios transportadores de urea.[7][8] Induce unha perda de urea e diurese cando está combinada con dietas ricas en proteínas.
Remove ads
Biosíntese e metabolismo
A floretina prodúcese da mesma maneira que a chalcona: unha molécula de 4-cumaroíl-CoA reacciona con 3 moléculas de malonil-CoA, reacción catalizada polo encima narinxinina-chalcona sintase.
A floretina hidrolase utiliza floretina e auga para producir floretato e floroglucinol.
Usos
A floretina tense utilizado nos alimentos como potenciador do sabor doce.[9][10].
Glicósidos
- Floricina. É o 2'-glucósido da floretina.
- Narinxina dihidrochalcona. É un diglicósido da floretina.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads