Fonte

páxina de homónimos From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O termo Fonte designa polo xeral un lugar natural ou dispositivo artificial de onde sae ou abrolla algo.

  • Fonte, lugar onde mana auga, que pode proceder dunha corrente subterránea natural ou ser conducida artificialmente, manancial, gurgullo, groto, illó. Unha fonte pequena é unha fontela ou fontenla;
  • Fonte, construción culta ou popular cun ou varios canos por onde sae auga;
  • Fonte bautismal, pía do bautismo;
  • Fonte, lugar de onde flúe un líquido con abundancia, coma o petróleo;
  • Fonte, cousa na que ten orixe ou principio algo;
  • Fonte, lugar ou persoa de onde se obtén información;
  • Fonte, prato grande onde se serve a comida, prata, bandexa. Por extensión, a cantidade de alimento que cabe neste prato;
  • Fonte de luz, obxecto que produce luz, foco;
  • Fonte de calor, obxecto que produce calor;
  • Código fonte, xerado por programadores;
  • Fonte de alimentación, aparello ou sistema que subministra a enerxía necesaria para que un dispositivo eléctrico ou mecánico funcione, alimentador;
  • Fonte tipográfica, anglicismo estendido para nomear aos tipos de letra;
  • Fonte eléctrica, circuíto ou dispositivo eléctrico que fornece unha diferenza de potencial ou unha corrente de xeito confiábel para que outros circuítos poidan funcionar;
  • Fonte web, usada en Internet para a distribución de información actualizada;
  • Fonte de enerxía;
  • Fonte documental, a orixe dunha información, especialmente para a investigación (xornalismo, historiografía e a produción de literatura académica):
    • Segundo a súa tipoloxía, pode ser:
      • Fonte escrita; fonte documental que adoita ser empregada como fonte historiográfica, é dicir, o vehículo habitual de conservación da memoria histórica que os historiadores empregan para a reconstrución, análise e interpretación do pasado da humanidade, é dicir: a Historia;
      • Fonte oral;
      • Fonte arqueolóxica, fonte documental que serve para reconstruír a historia ata en períodos ou lugares no que non hai fontes escritas para facelo.
    • Segundo a súa orixinalidade ou orde de precedencia, pode ser:
      • Fonte primaria, fonte documental que se considera material de primeira man relativo a un fenómeno que se desexa investigar ou relatar; é dicir materia prima que se ten para realizar un determinado traballo.;
      • Fonte secundaria, forma de información que pode ser considerada como un vestixio do seu tempo.;
      • Fonte terciaria.
  • Fonte do dereito, de onde xorde o dereito;
  • Fonte da teoloxía:
    • Fonte bíblica.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza
Fóra de Galiza
En Italia
En Portugal

Amais, como apelido, pode referirse a:

  • Fonte, apelido galego que podería ter a súa orixe en Pontedeume, existen numerosos derivados: Fontaíña, Fontenla, Fonteboa, Fontela, Dafonte etc.
Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads