Forcarei
concello da comarca de Tabeirós-Terra de Montes, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2019 tiña 3.388 habitantes. O xentilicio é forcareiés.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Forcarei.
Remove ads
Xeografía
Forcarei é un concello situado ao norte da provincia, linda cos concellos de Cerdedo-Cotobade, Silleda, A Estrada, Lalín, Beariz e A Lama.
Evolución da poboación de Forcarei Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
7751 | 8987 | 9040 | 7114 | 4616 | 4108 | 4044 | ||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
No seu termo municipal nacen os tres principais ríos intrínsecos da provincia de Pontevedra: río Umia, río Lérez e río Verdugo, que dan lugar ás tres Rías Baixas meridionais.
Remove ads
Historia
En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.
Patrimonio
Na capital municipal atópase a igrexa parroquial, dedicada a san Martiño. É obra de finais do século XVIII, do mestre canteiro Pedro Varela e o mestre asentador Pedro Gutiérrez. Orixinalmente era de planta de cruz latina pero en 1961 o arquitecto Javier García Santoro ampliou o brazo dereito. A única decoración da fachada, de estilo neoclásico, é unha pequena imaxe da Virxe nunha fornela sobre a porta. Á esquerda da fachada érguese a torre campanario, de sección cuadrangular no primeiro corpo e octogonal no segundo, e rematada nunha pequena cúpula.
Nas escaleiras de acceso á igrexa atópase un cruceiro construído a finais do XIX por Xosé Ferreiro. Este cruceiro estaba situado no centro da praza pero foi trasladado cando se acometeu a remodelación da praza e a construción do edificio do concello.
A Casa do Concello foi proxectada polo arquitecto pontevedrés César Portela.
Na parroquia de Santa María de Aciveiro sitúase o mosteiro de Santa María de Aciveiro que ocupou un papel fundamental na rexión desde a súa constitución no século XII ata o ano 1893. Na actualidade é un Hostal Monumento co nome de Hospedería de San Gonzalo das Penas.
Política
- Artigo principal: Eleccións municipais en Forcarei.
Dende o ano 2023 o concello esta gobernado pola coalición formada polo PSdeG-PSOE e o BNG, con Verónica Pichel (PSdeG-PSOE) como alcaldesa.
Sendeirismo
Forcarei conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 100 "Sendeiro Natural Aciveiro - Candán", e o PR-G 113 "Ruta das Pontes do Lérez".
A primeira é unha ruta sendeirista circular de 15 km con principio e fin no coñecido mosteiro de Aciveiro.
A segunda é lineal duns 14 km con principio/fin no mosteiro de Aciveiro e remate/inicio en Gaxín
Forcarei na literatura popular
- No convento de Aciveiro/ había un frade galiñeiro/ que así que se puña o sol:/ ¡churras, churras, ó poleiro! [2].
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Forcarei.
- Antigo escudo na fachada da casa do concello.Renovación do deseño do escudo no ano 2006
- Placa altimétrica.
- Vista de Soutelo de Montes.
- Monumento á Muller Labrega de Maxín Picallo.
Parroquias
Remove ads
Lugares de Forcarei
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Forcarei vexa: Lugares de Forcarei.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads