Forma (botánica)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
En botánica denomínase forma a unha categoría taxonómica que representa unha modificación ocasional da especie, asociada ou non á distribución xeográfica. Deriva do latín forma.[1]
A modificación pode ser dun só carácter, ou de varios caracteres ligados. Esta categoría taxonómica noméase pola palabra, ou a súa abreviatura (f.). Por exemplo, as plantas de Cistus ladanifer con manchas purpúreas na base dos pétalos, considéranse forma da especie.
É unha categoría sistemática algo imprecisa e, en xeral, considerada inferior á variedade. Pódesa falar, por exemplo, dunha forma latifolia (de follas anchas), dunha forma glabra (espida, sen pelo), etc.[1]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads