Forušande
filme de 2016 dirixido por Asghar Farhadi From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Forušande (en persa: فروشنده) é un filme iraniano de 2016 escrito e dirixido por Asghar Farhadi. Está protagonizado por Taraneh Alidoosti e Shahab Hosseini. Conta a historia dun matrimonio de actores que interpretan a obra de Arthur Miller Death of a Salesman nun teatro, mais a muller é asaltada e atacada no seu propio fogar. O marido tenta descubrir a identidade do atacante, mentres a muller tenta lidar co estrés postraumático. Unha coprodución entre Irán e Francia, o filme foi rodado en Teherán en 2015.
Estreouse no Festival Internacional de Cine de Cannes de 2016, onde conseguiu o premio de mellor guión e mellor actor para Hosseini. Forušande recibiu moi boas críticas e gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. Porén, Farhadi non foi á cerimonia da 89ª edición dos premios en protesta pola Orde Executiva 13769.
Remove ads
Personaxes
- Shahab Hosseini como Emad
- Taraneh Alidoosti como Rana
- Babak Karimi como Babak
- Farid Sajadhosseini como o home
- Mina Sadati como Sanam
- Maral Bani Adam como Kati
- Mehdi Koushki como Siavash
- Emad Emami como Ali
- Shirin Aghakashi como Esmat
- Mojtaba Pirzadeh como Majid
- Sahra Asadollahi como Mojgan
- Ehteram Boroumand como Mrs. Shahnazari
- Sam Valipour como Sadra[1]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads