Fráncico ripuario

From Wikipedia, the free encyclopedia

Fráncico ripuario
Remove ads

O fráncico ripuario ou franconio ripuario (en alemán Ripuarisch, en ripuario Ripoaresch; do latín ripa 'beira') é un conxunto de dialectos do alemán, parte do grupo central occidental. Xunto co luxemburgués, o fráncico moselano e o fráncico renano constitúe a familia dialectal do fráncico central, sendo a súa variedade máis noroccidental. O seu nome provén dos francos ripuarios, que se estableceron a beiras do Rin a partir do século IV.

Datos rápidos Fráncico ripuario Ripoarisch, Códigos de lingua ...

Fálase principalmente no estado federado de Renania do Norte-Westfalia, ó sur da liña de Benrath, dende o noroeste de Düsseldorf e Colonia até Aquisgrán ó oeste, e Waldbröl ó leste. Tamén se estende ó norte de Renania-Palatinado, a área de Eupen (leste de Bélxica) e algúns municipios limítrofes dos Países Baixos (Kerkrade, no Limburgo neerlandés).

As variedades que conforman o ripuario chámanse a si mesmas Platt: así, o Öcher Platt é a fala de Aquisgrán, o Eischwiele Platt a de Eschweiler, o Bönnsch Platt a de Bonn, etc. De entre todas elas, a máis coñecida é o ripuario de Colonia, o Kölsch.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads