François Hollande

presidente da República Francesa de 2012 a 2017 From Wikipedia, the free encyclopedia

François Hollande
Remove ads

François Hollande, nado en Ruán o 12 de agosto de 1954, é un político francés. O 6 de maio de 2012 foi elixido presidente da República Francesa.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Foi Primeiro secretario do Partido Socialista de 1997 a 2008, alcalde de Tulle de 2001 a 2008, deputado da Corrèze de 1988 a 1993 e de novo dende 1997, e preside a deputación provincial (Conseil général) da Corrèze dende 2008.

Remove ads

Traxectoria

François Gérard Georges Nicolas Hollande é fillo do doutor Georges Gustave Hollande, nado en 1923, médico otorrinolaringólogo, que fora candidato nunha lista de extrema dereita para as eleccións municipais de Ruán en 1959 e en 1965. A súa nai, Nicole Frédérique Marguerite Tribert, católica de esquerda nada en 1927 e falecida en 2009, era asistente social. Esta última figuraba en 2008 sobre a lista do Partido socialista francés para as eleccións municipais da cidade de Cannes.

Pasa a súa infancia en Bois-Guillaume, cidade residencial sobre as alturas de Rúan, e é interno no colexio La Salle de Rúan.

En 1968, a familia trasladase para Neuilly-sur-Seine.

Alumno no liceo Pasteur de Neuilly-sur-Seine, François Hollande persegue os seus estudos na facultade de dereito de París, onde obtén o grao de licenciado, despois na Escola de altos estudos comerciais de París (en francés: HEC :École des hautes études commerciales de Paris) e no Instituto de estudos políticos de París (en francés: Institut d'études politiques de Paris coñecido como Sciences Po), onde milita en favor de UNEF-Renouveau, sindicato de estudantes proximo do Partido comunista francés. Sae 7º da Escola Nacional de Administración (en francés: École Nationale d'Administration, coñecida como ÉNA), na promoción Voltaire (promoción dos diplomados en 1980).

Remove ads

Política

A carreira política de François Hollande está vinculada ao seu apego á Corrèze.

Cargos políticos

  • 14 de marzo de 1983 - 16 de marzo de 1989: concelleiro de Ussel, cidade de Corrèze.
  • 23 de xuño de 1988 - 1 de abril de 1993: deputado da primeira circunscrición de Corrèze.
  • 17 de marzo de 1989 - 24 de xuño de 1995: concelleiro e adxunto ao alcalde de Tulle, capital do departamento francés de Corrèze.
  • 23 de marzo de 1992 - 30 de marzo de 1992: conselleiro rexional do Lemosín.
  • 25 de xuño de 1995 - 18 de marzo de 2001: concelleiro de Tulle.
  • Dende o 12 de xuño de 1997: deputado da primeira circunscrición de Corrèze.
  • 16 de marzo de 1998 - 2 de abril de 2001: conselleiro rexional do Lemosín.
  • 20 de xullo de 1999 - 17 de decembro de 1999: deputado europeo.
  • 19 de marzo de 2001 - 17 de marzo de 2008: alcalde de Tulle.
  • Dende o 20 de marzo de 2008: presidente da deputación provincial (Conseil Général) de Corrèze.
  • Dende o 15 de maio de 2012: presidente da República Francesa.

Presidencia

Designado candidato do Partido Socialista (PS) e do Partido radical de esquerda (PRG) para a elección presidencial de 2012 ao final dunha primaria, cualifícase para a segunda volta, sucedendo na cabeza da primeira volta, diante do presidente Nicolas Sarkozy, o 22 de abril de 2012. Vencedor na segunda volta, é elixido 24º presidente da República francesa o 6 de maio de 2012 [1],[2] co 51,63 % das voces, cara ao presidente saínte, Nicolas Sarkozy.

A súa investidura fíxose o 15 de maio de 2012 no pazo do Elisio. Volveuse igualmente ex-officio copríncipe francés de Andorra. O 15 de maio de 2012 nomeou Jean-Marc Ayrault, alcalde de Nantes, primeiro ministro.

Cronoloxía política

En 1974, preside a sección do UNEF no Instituto de estudos políticos de París. Entra na Escola de altos estudos comerciais de París e diríxe o comité de apoio á candidatura de François Mitterrand para as eleccións presidenciais.

En 1979 adhírese ao Partido socialista.

Predecesor:
Nicolas Sarkozy
 
Presidente da República Francesa
 
2012 - 2017
Sucesor:
Emmanuel Macron
Predecesor:
Nicolas Sarkozy
 
Copríncipe de Andorra
(Con Joan Enric Vives i Sicília)
 
2012 - 2017
Sucesor:
Emmanuel Macron
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads