Francisco Grande Covián

From Wikipedia, the free encyclopedia

Francisco Grande Covián
Remove ads

Francisco Grande Covián, nado en Colunga (Asturias) en 1909 e finado en Madrid o 28 de xuño de 1995 foi un médico e investigador español. O seu traballo principal foi na área da nutrición e a bioquímica, e foi o primeiro presidente da Sociedade Española de Nutrición.

Remove ads

Traxectoria

Thumb
Casa de Francisco Grande Covián en Medinaceli (Soria).

Era fillo do doutor Emilio Grande Bueno, que exercía de médico en Colunga e de Esperanza Covián. Aos nove anos de idade trasladouse a Oviedo por mor do traballo do seu pai. Nesa cidade cursou bacharelato, para logo marchar a Madrid para estudar medicina. Nese tempo instalouse na Residencia de Estudiantes, coincidindo coa época dourada da institución.[1] Graduouse en 1931 co premio extraordinario de licenciatura e ao ano seguinte obtivo o doutoramento coas máximas cualificacións tras realizar algún cursos en Alemaña.

Traballou co tamén asturiano Severo Ochoa no laboratorio de fisioloxía do doutor Juan Negrín. Durante este tempo realizou varias viaxes por Europa cos que logrou ampliar a súa formación académica ao relacionarse con importantes personaxes da ciencia e da investigación.

Cando comezou a Guerra Civil dedicouse á docencia en Valencia, creando o Instituto de Alimentación da cidade,[1] do que foi subdirector. Coa aparición da fame e outros trastornos nutricionais na guerra e a posguerra, Grande Covián e Francisco Jiménez García estudaron casos de pelagra, a pesar de que a poboación non consumía millo. O estudo que realizaron abrangueu 3116 casos de enfermidades carenciais, das que 2279 foron atribuídas a deficiencias do complexo B.[2] Debido á súa relación con Negrín, debeu refuxiarse en Oviedo ata o fin da contenda. En 1939 trasladouse de novo a Madrid e comezou a desenvolver a súa actividade dentro do Instituto Ibys traballando na preparación de vitaminas.

A partir de 1940 comezou a investigar dentro do centro do Instituto de Investigacións Jiménez Díaz de Madrid. Durante estes anos dedicouse ao estudo da bioquímica do sistema nervioso, facendo numerosas viaxes a Inglaterra. Na década de 1950 comezou a traballar nos Estados Unidos, iniciando unha prolífica carreira que se desenvolveu entre 1953 e 1975 na Universidade de Minnesota. Durante esta época realizou traballos de gran calidade sobre a nutrición para o exército estadounidense e fixo tamén estudos sobre os efectos dos compoñentes da dieta sobre os lípidos do plasma, sobre os factores hormonais que regulan o metabolismo das graxas, a relación entre o tecido adiposo e a termorregulación, calorimetría, efectos fisiolóxicos da fame ou a obesidade nas persoas.[2]

Regresou a España acabada a ditadura e instalouse de novo en Zaragoza, onde antes da súa etapa nos Estados Unidos obtivera mediante oposición unha cátedra de fisioloxía na universidade. No seu regreso ocupou a cátedra de Bioquímica e Bioloxía molecular da Facultade de Ciencias e en 1986 foi nomeado profesor emérito da mesma.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads