Francisco Ibáñez

artista español From Wikipedia, the free encyclopedia

Francisco Ibáñez
Remove ads

Francisco Ibáñez Talavera, nado en Barcelona o 15 de marzo de 1936 e finado na mesma cidade o 15 de xullo de 2023,[1] foi un autor de cómics catalán, un dos máis coñecidos en lingua castelá.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Comezou a súa vida profesional traballando no Banco Español de Crédito,[1] pasando a dedicarse xa plenamente ó cómic no ano 1957, cando entrou na Editorial Bruguera, na que estivo ata 1985, en que marchou por desacordos.[1]

Os seus personaxes máis populares son, sen dúbida, Mortadelo e Filemón, dos que leva máis de corenta anos escribindo historietas. Outros tamén moi coñecidos son O Botóns Sacarino, Pepe Gotera e Otilio, Rompetechos ou 13, Rue del Percebe.

As súas obras son coñecidas en todo o mundo, xa que sobre todo Mortadelo e Filemón está traducidos a numerosas linguas.

Remove ads

Mortadelo e Filemón no mundo

Os cómics destes dous personaxes véndense no mundo con moitos nomes diferentes. Teñen unha excelente acollida en Alemaña, razón pola que se lle dedica unha publicación monográfica. Os seus nomes varían dunha lingua a outra:

Remove ads

Recoñecementos

  • 1994, Gran Premio do Salón do Cómic de Barcelona.[1]
  • 2002, Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes.[1][2]

O día 15 de marzo, rememorando a data de nacemento, celébrase o Día Oficial de Francisco Ibáñez.[3]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads