Francisco de Federico Martínez

enxeñeiro e político español From Wikipedia, the free encyclopedia

Francisco de Federico Martínez
Remove ads

Francisco de Federico Martínez, nado en Madrid o 15 de abril de 1846 e finado na mesma cidade o 13 de abril de 1910[1], foi un enxeñeiro e político español.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Trasladouse a Pontevedra en 1886 para facer o estudo dun porto entre Pontevedra e Marín. Apadriñado polo marqués de Riestra e o marqués de la Vega de Armijo iniciou a súa carreira política no Partido Liberal sendo elixido deputado polo distrito de Redondela nas eleccións de 1893. Volveu ser elixido deputado polo distrito da Estrada en 1896. Nas eleccións de 1898 volveu ser elixido por Redondela, escano que volveu obter nas sucesivas convocatorias electorais que se celebraron ata 1910. Foi ministro de Fomento entre o 4 de decembro de 1906 e o 25 de xaneiro de 1907 nun un goberno presidido por Antonio Aguilar Correa.

Casou con Teresa Riestra López, filla de Francisco Antonio Riestra e irmá de José Riestra López. Foi pai de Francisco de Federico Riestra.

Predecesor:
Rafael Gasset Chinchilla
Ministro de Fomento

1906 - 1907
Sucesor:
Augusto González Besada
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads