Frantán

Rei Suevo de Galiza (norte) From Wikipedia, the free encyclopedia

Frantán
Remove ads

Frantán (tamén: Framta, Frantano, Framtan ou Framtane e en latín: Framtanus) foi un rei suevo que gobernou brevemente na parte norte do Reino Suevo de Galicia no ano 457.

Datos rápidos Biografía, Morte ...
Remove ads

Proclamación

Trala morte do rei suevo Requiario, executado polos visigodos dirixidos por Teodorico II, e do rei varno Aguiúlfo, executado polo, recentemente constituído, rei Maldras en Porto; no 457, algúns dos suevos aparentemente abandonaron a Maldras e proclamaron rei a Frantán no 456.

Rei no norte

Nunha etapa caótica, Frantán ocupou o poder só na parte norte do reino suevo, suponse que sería o territorio do Conventus Lucensis. Frantán e Maldras, así como os seus seguidores, actuaron independentemente uns dos outros. Mentres reinaba Frantán, Maldras levou aos seus suevos a Lusitania.

Á luz das evidencias do reinado dinástico entre os suevos, o caso de Maldras e Frantán tomouse como indicativo de que o pobo conservaba algún dereito a elixir un rei da súa elección ao final dunha liñaxe.

Remove ads

Morte

No ano 459 Frantán entrou en conflito co seu irmán, que dominaba a fortaleza de Porto, rematando por ordenar a súa execución. Só uns meses despois foi asasinado, e hai debate se as dúas faccións suevas se reuniron baixo Maldras nese momento ou non, pero os seus seguidores xuraron lealdade ao xefe de guerra Requimundo.[1]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads