Free

From Wikipedia, the free encyclopedia

Free
Remove ads

Free foi unha banda inglesa de blues-rock formada en Londres en 1968, e coñecida sobre todo polo seu tema "All Right Now". O grupo separouse en 1973 e o seu vocalista principal Paul Rodgers pasou a converterse no líder de Bad Company, xunto co batería Simon Kirke; o guitarrista Paul Kossoff formou Back Street Crawler e morreu dun paro cardíaco inducido por drogas en [1976]], cando tiña só 25 anos, e o baixista Andy Fraser formou Sharks.

Datos rápidos Orixe, Período ...

O grupo fíxose famoso polas súas actuación e polas xiras continuas. Porén, os primeiros álbums de estudio non se venderon moi ben, ata o lanzamento de Fire and Water que contaba co éxito "All Right Now". A canción axudou a asegurarlles un lugar no Isle of Wight Festival de 1970, onde tocaron para 600.000 persoas.

A comezos dos anos 70 Free foi un dos grupos de blues-rock con máis vendas no Reino Unido; cando a banda se desfixo en 1973 levaban vendidos ao redor dos 20 millóns de discos en todo o mundo, e realizara máis de 700 concertos.

Remove ads

Discografía

  • Tons of Sobs - 1969
  • Free - 1969
  • Fire and Water - 1970
  • Highway - 1970
  • Free at Last - 1972
  • Heartbreaker - 1973
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads