FreeBSD

sistema operativo From Wikipedia, the free encyclopedia

FreeBSD

FreeBSD é un sistema operativo libre para ordenadores con soporte de múltiples arquitecturas (alpha, amd64, ARM, x86, IA-64, MIPS, PC-98, Power PC, sparc). FreeBSD baséase en BSD 4.4 de Computer Systems Research Group (CSRG) da University of California, Berkeley seguindo a tradición que distingue o desenvolvemento dos sistemas BSD. Ademais do bo traballo realizado polo CSRG, o proxecto FreeBSD investiu miles de horas en axustar o sistema para ofrecer as máximas prestacións en situacións de carga real. Distribúese baixo licenza BSD.

Datos rápidos Tipo, Licenza ...
FreeBSD
Thumb
Thumb

TipoBSD e sistema operativo libre
Licenza2-clause BSD License (en) , 4-clause BSD License (en) , 3-clause BSD License (en) e Licença ISC (pt)
Baseado enBerkeley Software Distribution e 386BSD (pt)
Características
Plataformax86, x86-64, SPARC, DEC Alpha (pt) , PowerPC, ARM, MIPS e RISC-V
Datas
Publicación1 de novembro de 1993
Creación1 de novembro de 1993
Contacto
Páxina WEBfreebsd.org
Manualdocs.freebsd.org
Repositoriocgit.freebsd.org, github.com…, github.com…, svn.freebsd.org… e git.freebsd.org…
[ Wikidata ]
Pechar

Características

FreeBSD é un sistema operativo multiusuario, multitarefa con apropiación, inspirado na variante 4.4 BSD-Lite de UNIX. Aínda que FreeBSD non pode ser propiamente chamado UNIX, ao non ter adquirido a debida licenza de The Open Group, FreeBSD está feito para ser compatible coa norma POSIX, ó igual que varios outros sistemas "clones de UNIX". O sistema FreeBSD inclúe o kernel, a estrutura de ficheiros do sistema, librerías da API de C, e algunhas utilidades básicas.

Distribución

Os instaladores, código fonte e paquetes do sistema operativo FreeBSD distribúense de maneira gratuíta ao público, en forma de ficheiros dispoñibles nos servidores FTP a través da web. Tamén é posible compralos en forma de CD-ROMs ou DVDs nalgúns distribuidores, principalmente nos Estados Unidos.

Thumb
Cota de mercado dos S.O. BSD

Instalación

A instalación do sistema FreeBSD pode ser iniciada de dúas formas. A máis común é a utilización dun CD-ROM ou DVD auto-arrancable, que carga unha versión abreviada do sistema operativo e un instalador con interface textual (Console User Interface) chamada sysinstall.

Tamén é posible iniciar a instalación do sistema utilizando un xogo de 2 ou 3 disquetes (en función da versión que se desexa instalar), que arrancan o ordenador co xa mencionado sistema FreeBSD abreviado, e levan a mesma utilidade sysinstall. A utilidade sysinstall é a encargada de instalar realmente o sistema operativo, e posúe varias alternativas. A saber, instalar o sistema utilizando os datos dispoñibles nun dispositivo de almacenamento local (CD-ROM, DVD, directorio nun sistema de arquivos FAT etc.), ou obténdoos desde un sitio remoto a través dun protocolo de transferencia de ficheiros (HTTP, FTP, NFS etc.).

Ao igual que para Linux, unha parte importante da instalación céntrase no particionamento do disco duro, pois o sistema FreeBSD utiliza un sistema de ficheiros particular (chamado ás veces UFS), diferente do utilizado polos sistemas Windows, ou Linux.

Ports

Os Ports, é un "sistema de instalación" de paquetes práctico e eficiente utilizado polo FreeBSD. Consiste nunha estrutura de directorios, os cales posúen ficheiros (Makefiles) que especifican todos os requisitos da instalación, como se debe compilar o código fonte, e o necesario instalar os ficheiros binarios creados dun determinado paquete no sistema. Isto funciona de forma practicamente automática, ou con pouca intervención do usuario.

O soporte de Ports é enorme, tendo actualmente máis de 14.500 paquetes, raramente é necesario que teñas que descargar un programa que necesites xa que o traerá incluído.

Os ficheiros binarios sen compilar dos Ports son chamados "paquetes" e están dispoñibles para descargar. Aínda que poden ser instalados automaticamente; sabéndose o nome do paquete e pasando este como parámetro ao comando "pkg_add -r" pódese instalar manualmente.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.