Función da linguaxe

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Ao longo da historia da lingüística foron propostas varias teorías sobre a función da linguaxe.

A función da linguaxe para Martinet

André Martinet mantén que a función esencial da linguaxe é a da comunicación, pero engade que deberá terse en conta, non obstante, que a linguaxe exerce outras funcións: serve de soporte ó pensamento, ten unha función expresiva e desenvolve unha función estética.

As Funcións da linguaxe para Bühler

Para Bühler a linguaxe é un órgano para comunicar 'un' a 'outro' 'cousas', de tal xeito que se constitúen tres fundamentos de relacións, e neste marco é onde distingue tres funcións:

  • función expresiva (Ausdrück ou Kundgabe) ou disposición para manifestar a interioridade subxectiva do falante: Oxalá sande.
  • función apelativa (Appel ou Auslösung) ou capacidade de actuar sobre o oínte para dirixir ou atraer a súa atención: ¡Cómeo todo todiño!
  • función representativa (Darstellung) relativa a transmisión de contidos obxectivos. Asociada ó desenvolvemento do pensamento. Esta foi, e aínda é na actualidade obxecto de controversias. No centro destas atópanse Jean Piaget e Lev Vygotski. Para Piaget, a función representativa da linguaxe vai ligada ó pensamento. Este autor mantén a prioridade do pensamento, iniciado na acción sensomotriz aínda sen fala. Posturas máis inclinadas a destaca-lo papel da linguaxe na comunicación son H. Wallon e L. S. Vygotski. Para este último autor, representante da psicoloxía soviética, o neno adquire a linguaxe na relación social con outras persoas; posteriormente interiorizaríanse os signos e guiarían a conduta, converteríanse nun instrumento de coñecemento, organizador da experiencia, chegando a converxer comunicación e pensamento, o que posibilita unha linguaxe conceptual propiamente humana. Para Salvador Luria, a linguaxe posúe unha función directriz e organizativa da conduta. Máis radical é o condutismo de J. B. Watson, quen reduce o pensamento a un sistema de hábitos de linguaxe, supoñendo que o inconsciente ou non pensado correspondería ó non verbalizado. Común acordo acádase ó afirmar que a función lingüística potencia o pensamento abstracto e que as dificultades ou deficiencias na comprensión da linguaxe dificultan o desenvolvemento lóxico e cultural, tal como vén caracterizado pola sociedade actual
Remove ads

Funcións da linguaxe para Halliday

Para Michael Halliday, as funcións da linguaxe son tamén varias; o progreso cara ó sistema adulto prodúcese en varias etapas:

  • a) función instrumental, satisfacción das necesidades inmediatas;
  • b) función reguladora, control do comportamento das outras persoas,
  • c) función interactiva, vehículo de relacións sociais;
  • d) función persoal, instrumento de expresión das propias opinións e sentimentos;
  • e) función heurística, actividade de coñecemento,
  • f) función imaxinativa ou creativa, medio de superación da realidade (VER desenvolvemento da linguaxe).

Función de identificación

A linguaxe concrétase en determinadas linguas. Dentro dun mesmo idioma existen variacións lingüísticas ligadas á orixe xeográfica e social de diferentes grupos, polo que a linguaxe serve como medio de identificación e afirmación de pertenza a un grupo, con dimensións sociopolíticas importantes.

Funcións da linguaxe para Jackobson

Roman Jakobson (1960) estudou as funcións da linguaxe partindo dos factores constitutivos de calquera acto de fala. Segundo Jakobson o falante ou emisor envía unha mensaxe ó oínte ou receptor, e ademais é preciso un contexto (tema) que poida ser verbalizado, un código coñecido por emisor e receptor, e un contacto ou conexión entre ámbolos dous. Cada un destes seis factores determina unha función específica da linguaxe:

  • emisor → función emotiva (función expresiva de Bühler)
  • receptor → función conativa (función apelativa de Bühler)
  • contexto → función referencial (función representativa de Bühler)
  • mensaxefunción poética: prodúcese cando a linguaxe chama a atención sobre a mensaxe mesma, empregando figuras estilísticas)
  • contacto → función fática ou de contacto: serve para comprobar, manter, ou establecer a comunicación co receptor a través do control da canle. Terían función fática os "diga", "si", "ola!", "oes?" dunha conversa telefónica.
  • códigofunción metalingüística: serve para explicar o código lingüístico
Remove ads

Guillermo Rojo e as dimensións da linguaxe

Guillermo Rojo (1986) achegou a teoría hoxe comunmente aceptada. Para el, as acepcións do termo "función", tanto en Bühler coma en Jakobson, son inadecuadas. A verdadeira función da linguaxe é a comunicación, a representativa, a expresiva, a apelativa, a metalingüística e a poética son dimensións da linguaxe e do acto comunicativo ou da comunicación. A fática sería máis ben un dos diversos usos da linguaxe.

Remove ads

Función descritiva de Hans Hörman

Hans Hörmann, desde unha perspectiva psicolingüística, considera unha función da linguaxe que sería previa á comunmente aceptada función comunicativa. Segundo este lingüista, a unión entre o lingüístico e o extralingüístico non procede dunha necesidade efectiva, senón que se realiza por disposición do home. O home pode comprender o mundo, o 'ser así' das cousas, con independencia da linguaxe. O que xa coñece desta maneira, desígnao con palabras elixidas ó seu arbitrio. Esta é a función descritiva da linguaxe. Un neno cando xoga só e fala non pretende comunicarse senón que está describindo o seu mundo, aprendendo.

Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads