Gadiformes

From Wikipedia, the free encyclopedia

Gadiformes
Remove ads

Os gadiformes (Gadiformes), ou anacantinos (Anacanthini), son unha orde de peixes osteíctios teleósteos, da superorde dos paracantopterixios (Paracanthopterygii), entre os que se inclúen especies de tanta importancia pesqueira e comercial como as pescadas, os bacallaus, as fanecas ou as pescadas.[4]

Máis información GadiformesGadiformes, Clasificación científica ...

Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no mioceno medio, na metade do terciario.[4]

Remove ads

Etimoloxía

O nome da orde deriva do seu xénero tipo, Gadus, do latín gadus, bacallau, e este do grego antigo γάδος gádos, co mesmo significado.[5]

Características

Teñen un corpo máis ou menos alongado, con escamas cicloides (rara vez ctenoides), e sen conduto pneumático na vexiga natatoria, órgano que algunhas especies (Melanonidae e Squalogadus) non posúen.[4]

As aletas non teñen raios espiñentos (ou polo menos, sen verdadeiras espiñas); as dorsais e anais son normalmente longas; a caudal homocerca e as pelvianas, cando existen, están inseridas por debaixo ou á altura das pectorais, rara vez por detrás. Algunhas especies posúen un maxilar protráctil.[4]

Habitan principalmente en augas frías do Atlántico norte e tamén no Mediterráneo.

Remove ads

Clasificación

Thumb
Bregmacerus atlanticus.
Thumb
Merlán (Merlangius merlangus).
Thumb
Lirio (Micromesistius poutassou).
Thumb
Badeixo (Pollachius pollachius).
Thumb
Faneca (Trisopterus luscus).
Thumb
Fodón (Trisopterus minutus).
Thumb
Maruca (Molva molva).
Thumb
Pescada (Merluccius mmerluccius).

Segundo FishBase, a orde comprende dez familias:[6]

Porén, o SIIT non considera como familias á dos Lotidae, cuxas especies encadra nas subfamilias dos Lotinae e Phycinae, da familia dos Gadidae, e á dos Phycidae, considerada como subfamilia (Phycinae) dos gádidos (Gadidae).[7]

En Galicia

En augas das costas galegas está rexistrada a presenza das seguintes especies de gadiformes:[8][9][10]



  • Familia Macrouridae
    • Xénero Malacocephalus
      • Malacocephalus laevis
    • Xénero Nezumia
      • Nezumia aequalis
      • Nezumia sclerorhynchus



  • Familia Moridae
    • Xénero Antimora
      • Antimora rostrata
    • Xénero Lepidiomn
      • Lepidion eques
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads