Genoa Cricket and Football Club
club deportivo de Xénova, Italia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Genoa Cricket and Football Club, ou simplemente Genoa, é unha entidade deportiva italiana da cidade de Xénova, en Liguria, fundada o 7 de setembro de 1893. Ó longo da súa historia gañou 9 veces o Scudetto e 1 vez a Coppa Italia. O equipo compite na edición 2011-12 da Serie A.

O Genoa CFC disputa os seus encontros como local no Estadio Luigi Ferraris, un recinto con capacidade para acoller a 36.536 seareiros, que comparte co seu veciño e máximo rival, o UC Sampdoria, co cal disputa o denominado Derbi della Lanterna.
A entidade ten outras seccións deportivas non profesionais, como a de crícket, a de wáter-polo e a de fútbol feminino.
Dende 2003 preside o club o empresario multimillonario Enrico Preziosi, nado en 1948, fundador e dono da empresa Giochi Preziosi, a cuarta empresa fabricante de xoguetes a nivel mundial despois de Lego, Mattel e Hasbro.
Remove ads
Palmarés
Títulos nacionais
Scudettos (9) = 1898, 1899, 1900, 1902, 1903, 1904, 1914-15, 1922-23, 1923-24
Coppa Italia (1) = 1936-37
Torneos internacionais
- Copa dos Alpes (2) = 1962, 1964
- Copa da Amizade (1) = 1963
- Copa Anglo-Italiana (1) = 1995-96
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Genoa Cricket and Football Club |
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads