George Peppard

actor estadounidense (1928-1994) From Wikipedia, the free encyclopedia

George Peppard
Remove ads

George Peppard, nado o 1 de outubro de 1928 en Detroit e finado o 8 de maio de 1994 nos Ánxeles, foi un actor de cine e televisión estadounidense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Biografía

Naceu en Detroit con ese mesmo nome. A súa nai foi cantante de ópera e o seu pai construtor. Logo de terminar o colexio Peppard realizou o servizo militar na artillaría naval. Inicialmente estudou enxeñería civil, probablemente pensando en traballar máis adiante na empresa do seu pai. Ao mesmo tempo realizou todo tipo de traballos, desde taxista, disc-jockey e empregado de banca ata mecánico de motocicletas. A continuación matriculouse na universidade de Carnegie Mellon, onde estudou Belas Artes. Neses anos morreu o seu pai, deixando un proxecto de construción inacabado. O novo Peppard púxose á fronte e terminouno.

Logo dos seus estudos universitarios Peppard decidiu ser actor e quixo prepararse para iso, ao non ter confianza no seu atractivo físico para ter éxito. Estudou na prestixiosa escola de interpretación Actor's Studio de Nova York. Terminada a súa formación comezou a traballar en películas de televisión e no teatro, tamén en Broadway. A súa primeira película para o cine fíxoa en 1957, onde repetía un papel que xa interpretara en Broadway. A súa popularidade foi en aumento nas seguintes películas, sobre todo cando interveu en Breakfast at Tiffany's xunto con Audrey Hepburn. As seguintes películas tamén tiveron éxito, especialmente The Carpetbaggers, coprotagonizada por Alan Ladd.

Comezou a estar menos solicitado polos produtores e os estudos, de forma que tivo que intervir en películas de menor interese. A serie de televisión Banacek, que se realizou en 1972 e 1973, converteuno por un tempo novamente nun actor admirado, pero a súa carreira cinematográfica continuou sendo decadente. En 1978 debutou na dirección con Five Days From Home, película que tivo unha boa acollida. No entanto, Peppard non se mostrou interesado en repetir a experiencia e dedicouse principalmente ás películas e series de televisión. Entre 1983 e 1987 conseguiu unha vez máis un considerable éxito coa serie de televisión O Equipo A, produción que o fixo popular entre a mocidade dos países onde a emitiron.

Remove ads

Vida persoal

Peppard estivo casado en cinco ocasións, e foi pai de tres rapaces:

  • Helen Davies (1954–1964): dous nenos, Bradford e Julie
  • Elizabeth Ashley (1966–1972), a súa co-protagonista en The Carpetbaggers: un fillo, Christian
  • Sherry Boucher-Lytle (1975–1979)
  • Alexis Adams (1984–1986)
  • Laura Taylor (1992–1994)

Peppard deixou de beber en 1978 e pasou os últimos anos da súa vida tratando de axudar a outros alcohólicos a recuperarse.

Logo dunha vida de fumador, en 1992 diagnosticáronlle cancro de pulmón e posteriormente deixouno. A súa quinta esposa e "fan número un", Laura Taylor, coñeceuno e casou con el pouco despois de ser diagnosticado do cancro terminal, e coidouno os seus últimos 18 meses. O cancro nunca impediu que Peppard se retirara da actuación, deixando así un proxecto piloto para unha nova serie en 1994 (un spin-off de Matlock) pouco antes do seu pasamento.

Morreu nos Ánxeles das complicacións xurdidas no tratamento da súa enfermidade.

Remove ads

Filmografía

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads