Gino Bartali
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Gino Bartali, nado en Ponte de Ema (Florencia) o 14 de xullo de 1914 e finado en Florencia o 5 de maio do 2000, foi un ciclista italiano. Gañou dous Tour de Francia e é o ciclista que o fixo dun xeito máis distante no tempo (10 anos entre un e outro).
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2020.) |
Remove ads
Traxectoria
Iniciouse como profesional en 1935, ano no que gañou unha Volta ao País Vasco e a clasificación na montaña no Giro de Italia. Gañou tres Giros de Italia en 1936, 1937 e 1946, e obtivo 12 vitorias parciais. Foi catro anos segundo. Gañou sete veces o Gran Premio da Montaña nesa volta por tiradas.
Gañou o Tour de Francia en 1938 e 1948, e 12 tiradas nesa carreira. En 1949 foi segundo. Venceu catro veces na Milán-San Remo e dúas no Giro da Lombardía e adxudicouse en dúas ocasións a Volta a Suíza.
Rivalizou con Fausto Coppi. Relegouno á segunda posición no Giro en 1946. Coppi desprazouno a esa praza en 1947 e 1949. Ese ano foi a apoteose italiana no Tour, cando os dous campións dominaron a carreira, con Coppi primeiro e Bartali segundo.
Tivo que afrontar a interrupción da segunda guerra mundial. A súa fe católica explica algúns do seus alcumes como Gino o pío. Un accidente obrigouno a retirarse en 1954.
A República Italiana ten recoñecido o valor del e a súa dona por ter salvado moitos xudeus na época do fascismo. A súa dona Adriana recibiu a medalla de ouro ao valor civil no 2006.
Remove ads
Palmarés
1935
1936
1937
1938
1939
1940
1942 |
1945
1946
1947
1948
1949
1950
1951 1952 1953
|
Remove ads
Resultados en grandes voltas e no Campoonato do Mundo
-: Non participa
Ab.: Abandono
X: Edicións non celebradas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads