Gish

álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Gish é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins, editado o 28 de maio de 1991 a través do selo Caroline Records. O álbum foi chamado así pola actriz Lillian Gish, admirada por Billy Corgan. Foi gravado dende decembro de 1990 ata marzo de 1991 nos Smart Studios de Butch Vig (que foi o produtor do disco) en Madison.

Datos rápidos Autoría, Publicación ...

Os temas "I Am One", "Rhinoceros", "Bury Me", e "Daydream" aparecen xa nas súas demos de 1989. Os catro temas foron re-gravados para Gish. Seis temás máis foron composto e gravados para o disco, pero finalmente non se incluíron e apareceron noutras edicións da banda.

James Iha mencionou que mercou a súa primeira guitarra Gibson Les Paul para a gravación do Gish. El usou ese modelo de guitarra case exclusivamente ata o Adore de 1998.

A pesar de só acadar o número 196 da lista Billboard 200 despois da súa edición, en maio de 2005 o disco xa vendera 1,1 millóns de copias nos Estados Unidos.

Remove ads

Lista de cancións

Tódolos temas escritos e compostos por Billy Corgan, agás onde se indique.. 

Máis información N.º, Título ...
Máis información CD extra da reedición de 2011 - Trippin' Through The Stars, N.º ...
Máis información DVD extra da edición do 2011 - Live At The Metro, N.º ...
Remove ads

Sinxelos

  • "Siva" foi unha edición limitada en 12" e CD con "Window Paine".
  • "Rhinoceros" apparecía no Lull EP.
  • "I Am One" foi reeditada como sinxelo en CD con "Plume" e "Starla".
  • "Tristessa", un sinxelo anterior á gravación do álbum que non foi reeditado.

Descartes

As seguintes cancións foron escritas e gravadas para Gish pero non entraron no disco. Todas elas serían editadas en futuros lanzamentos.

  • "Blue" (editada no Lull EP e no Pisces Iscariot)
  • "Obscured" (editada no Pisces Iscariot)
  • "Slunk" (released on the Lull EP)
  • "Why Am I So Tired?" (editada en Earphoria)
  • "Jesus Loves His Babies" (nunca editada oficialmente, aparece en Mashed Potatoes, cinco discos feitos por Billy Corgan e dados á banda e aos seus axudantes como regalo de Nadal en 1994)
  • "La Dolly Vita" (orixinalmente a cara-B de "Tristessa", reeditada no Pisces Iscariot)
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads