Glicosa 1-fosfato
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A glicosa 1-fosfato[1] (tamén escrita glicosa-1-fosfato[2]) é unha molécula de glicosa que leva un grupo fosfato esterificado no carbono 1.
Remove ads
Reaccións
- Catabolismo: Na reacción de glicoxenólise (degradación do glicóxeno) é o produto da reacción levada a cabo pola glicóxeno fosforilase, ao hidrolizar un polímero de glicóxeno, do cal escinde moléculas de glicosa en forma de glucosa 1-fosfato[3]. Posteriormente, e para que esta glicosa poida ser utilizada no catabolismo celular, a glicosa 1-fosfato é convertida en glicosa 6-fosfato por medio da catálise levada a cabo polo encima fosfoglicomutase. Unha das razóns polas que se forma glicosa 1-fosfato en lugar de formarse directamente glicosa durante a fosforólise do glicóxeno, é que o grupo fosfato confire unha elevada polaridade á molécula de glicosa, o que impide que poida atravesar a membrana celular, quedando así marcada para incorporarse ao catabolismo intracelular[4]. A galactosa pode formar UDP-galactosa, e esta UDP-glicosa, que orixina glicosa 1-fosfato, que se pode incorporar á glicólise.
- Anabolismo: Na glicoxenoxénese (formación de glicóxeno), as moléculas de glicosa 1-fosfato poden reaccionar con UTP para formar UDP-glicosa[3], pola acción do encima UDP-glicosa pirofosforilase. Desta forma, pode ser utilizado na síntese de glicóxeno por medio da glicóxeno sintase.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads