Golfo de Panamá
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O golfo de Panamá é un golfo do océano Pacífico, localizado na costa suroriental de Panamá. Ten unha anchura duns 250 km e unha profundidade media duns 220 metros, e abrangue unha área de 2.400 km².[1]. Este golfo é a única vía marítima pola que se pode acceder á canle de Panamá desde o océano Pacífico, que o conecta co mar das Antillas e o océano Atlántico. Pola súa gran cantidade e diversidade de peixes e especies mariñas, o golfo de Panamá está considerado como un dos mellores lugares do mundo para a pesca deportiva.


Existen algúns golfos e baías máis pequenos na súa xeografía, como a baía de Panamá, o golfo de Parita ou o golfo de San Miguel. O río Tuira, o máis importante de Panamá, desemboca na baía de San Miguel. No centro do golfo encóntrase o arquipélago de Las Perlas e nas súas costas atópanse as cidades de Panamá, La Palma e Chitré.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads