Goran Jurić

futbolista croata From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Goran Jurić, nado en Mostar (Bosnia e Hercegovina) o 5 de febreiro de 1963, é un exfutbolista croata. Xogaba de defensa e foi internacional coas seleccións de Iugoslavia e Croacia.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Na súa Iugoslavia natal xogou no FK Velež Mostar e o Estrela Vermella de Belgrado, no ano 1991 recalaría na Liga española, no Real Club Celta de Vigo.

Tras dúas moi boas tempadas no lateral esquerdo en Vigo nas que o Celta tentaba escapar do descenso a Segunda División, no ano 1993 unha análise rutineira descubríalle unha diabetes tipo I (insulino-dependiente).

Este problema de saúde forzouno a abandonar o Celta pese a ter aínda dous anos máis de contrato, aínda que non deixaría o fútbol, volvendo a Iugoslavia a xogar en Zagreb e participando no Mundial de Fútbol Francia 1998 coa súa selección ou incluso xogar algúns anos no Xapón.

Retiraríase no ano 2003 no NK Zágreb, con 40 anos de idade, dez anos despois de térselle diagnosticada a diabetes.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads